Saltar navegación

Portafolio

Portafolio

Nesta lapela podemos administrar as páxinas que temos creadas ou crear outras novas.

  • Páxinas: (1) amosa o listado de todas as páxinas que foron creadas por min, incluídas as xeradas por defecto: Taboleiro e Vista de perfil.
  • Coleccións: (2) Unha colección é un conxunto de páxinas que están vinculadas entre si e teñen os mesmos permisos de acceso. Podemos crear tantas coleccións como queiramos, pero unha mesma páxina non pode aparecer en máis dunha colección.
  • Compartidos por min: (3) Amosa as listas de coleccións e páxinas que temos compartidas. Podemos establecer opcións como datas de acceso e horas de acceso e límite do mesmo.
  • Compartidas comigo: (4) Esta páxina contén as modificacións ou os comentarios máis recentes das páxinas que foron compartidas comigo. Poden ter sido compartidas directamente, compartidas coas amizades do dono ou compartidas con algún dos grupos aos que pertencemos.
  • Plantillas: (5) As plantillas axudan a personalizar o aspecto das páxinas do portafolio para darlles un toque persoal. Pódense engadir fondos, imaxes de fondo, cambiar as cores do texto, fontes, botóns, e incluso engadir a nosa propia CSS personalizada.
  • Exportar: (6) Esta ferramenta exporta toda a información do noso e-Portafolio e das nosas páxinas. Non se exportará a configuración da plataforma nin os contidos que subimos ou cargamos nos grupos.
  • Importar: (7) Desde aquí podemos importar o contido do noso e-Portafolio desde outro sitio, se temos o ficheiro Leap2A.