Saltar navegación

Crear páxinas

Crear páxina

Dentro do menú portafolio temos a opción de crear unha páxina ou de facer a copia de unha xa existente.

Modificación de título e descrición:

Aquí permítenos darlle un título á  (1) e facer unha descrición que se pode redactar no cadro de edición (2).

Páxina

Modificación de estrutura:

Nesta lapela imos escoller a disposición dos elementos que van a formar a nosa páxina. Dentro do apartado de opcións avanzadas podemos crear unha disposición personalizada.

Modificar estrutura

Modificar o contido:

Neste apartado é onde crearemos ou modificaremos o contido das páxinas. Primeiro escolleremos o Tema de deseño da páxina (1) e despois engadiremos desde o menú lateral os artefactos (2) que precisemos para crear a páxina. (Máis adiante detallamos como facelo).

Crear contido

Se prememos en Vista previa (3) veremos como os usuarios verán a páxina no seu navegador.

En Compartir páxina (4) permitiranos compartir a páxina creada cun usuario ou con múltiples. Cando entramos nesta pantalla, se prememos sobre a ligazón "Opcións avanzadas" podemos decidir se permitimos comentarios de outros usuarios na páxina e tamén o período de tempo no que esta páxina estará compartida. Se non seleccionamos ningún período de tempo a páxina estará compartida indefinidamente. No despregable inferior "Compartir con" permitiremos o acceso á páxina a un único usuario, a todos os membros dun determinado grupo ou ben a todos os membros da túa comunidade. Desde este mesmo despregable tamén podemos permitir o acceso a outros usuarios de forma individual.