
O menú de Contidos (1), permítenos acceder a:
- Perfil: (2) onde podemos modificar a información sobre min (nome e apelidos), cambiar a información de contacto (correo, web,...), establecer a nosa Social media (facebook, twitter, Skipe...) e tamén establecer a nosa información xeral (ocupación, centro destino).
- Imaxes de Perfil: (3) Podemos subir ata cinco imaxes do perfil, e escoller unha delas para ser mostrada como imaxe por defecto en calquera momento. As imaxes deben ter entre 16x16 e 1170x1170 pixels de tamaño..
- Ficheiros: (4) Aquí están as nosas imaxes, documentos e outros ficheiros para incluír nas nosas páxinas. Arrastra e solta a icona do ficheiro ou cartafol para mover ese ficheiro ou cartafol a outro cartafol diferente.
- Blog: (5) Podemos crear tantos blog como precisemos. Un blog é unha ferramenta de tipo diario que nos permite anotar as nosas experiencias e pensamentos. Por defecto, só nós podemos ver os nosos blogs. Ao engadir o blog a unha páxina permite que outros poidan lelo e facer comentarios.
- Currículo: (6) Aquí podemos construír o noso currículo cos seguintes apartados: Introdución; Educación e emprego; Logros; Obxectivos e habilidades; Intereses e Licenza.
- Plans: (7). Son listaxes de tarefas asociadas a determinadas datas que nos fixamos na nosa organización persoal.
- Notas: (8) Son bloques soamente de texto que van poder aparecer e distintas páxinas que creemos, pero que se almacenan todas xuntas neste apartado.