Saltar navegación

Edición dunha páxina

Para editar unha páxina engadiremos os artefactos do bloque da esquerda que precisemos:

  • Permite a inserción de texto e editalo. Quizás é o artefacto ao que lle sacaremos máis partido para crear o noso portafolio.
  • O artefacto de imaxe tamén esta illado pola súa frecuencia de uso. Permite engadir imaxes.
  • Este bloque desplegable contén os seguintes artefactos:
    • Permite incluír unha ligazón a un ficheiro para a súa descarga.
    • Permite engadir unha ligazón a un cartafol con varios arquivos que amosan as súas propiedades e unha ligazón de descarga.
    • Permite engadir galerías de imaxes con varias opcións de configuración.
    • Permite mostrar un arquivo de vídeo ou audio que teñamos subido nos nosos arquivos.
    • Permite incrustar un pdf dos nosos ficheiros.
    • Permite insertar un arquivo en formato HTML. Só unha páxina, non o sitio enteiro.
  • Permite varias opcións sobre un ou varios blog do usuario.
    • Incrusta un blog enteiro na páxina.
    • Incrusta unha soa entrada do blog á nosa elección.
    • Amosa as entradas máis recentes dun blog determinado.
    • Ensina as entradas que conteñan unha etiqueta determinada de entre todos os blogs.
  • Aquí inclúense artefactos que polas súas características non van noutro sitio:
    • Amosa os comentarios que se fan á paxina.
    • Permite coñecer aos usuarios o tipo de licenza que lle outorgamos á nosa páxina.
    • Se temos creada, polo menos, unha colección de páxinas, permite mostrar as ligazóns as páxinas elixidas.
    • Mostrará un dos nosos plans nun bloque.
    • Lista dos últimos mensaxes do Foro elixido.
    • Funciona igual que o artefacto de Texto.
  • Este menú desplegable permítenos ofrecer información do noso perfil ou currículum.
    • Inserta información de contacto. Permite engadir o noso correo electrónico.
    • Permite amosar as nosas RRSS.
    • Este artefacto amosa todo o currículo completo.
    • Podemos inserir só unha parte do nosos currículo.
  • Podemos incluír na nosa páxina contidos que proveñan de fontes externas:
    • A través da inserción dunha URL podemos mostrar resumos de novas.
    • Temos dúas opcións de incustración de multimedia externo: Con código html ou cunha ligazón, depende da aplicación.
    • Podemos incrustar elementos e ferramentas de Google.
    • Permite mostrar as nosas insignias.