Agueiro é unha plataforma basada en Mahara que nos vai permitir crear o noso portafolio nun servizo dependente da Administración Educativa galega. Para acceder, procedemos á autentificación do nome de usuario e contrasinal, o mesmo que temos en todos os espazos coorporativos, e accedemos á páxina de inicio da plataforma. Teremos acceso aos catro menús principais: Taboleiro; Contidos; Portafolio; Grupos.

