Saltar navegación

Un pouco de Historia

A orixe dos REA está estreitamente ligada co movemento cultural de finais do século XX de coñecemento aberto, do libre intervcambio de ideas e de colaboración entre iguais.

Pero a primeira vez que se empregou o termo recurso educativo aberto foi no congreso mundial organizado no ano 2002 sobre recursos educativos de libre acceso. Un ano antes, o prestixioso Massachusetts Institute of Technology (MIT) permitía o acceso libre á práctica totalidade dos seus cursos, seguindo o camiño xa iniciado por outras institucións educativas.

Desde ese ano, a UNESCO fixou como obxectivo a promoción e defensa dos recursos educativos abertos e levou a cabo diferentes iniciativas como a organización de congresos ou a creación de repositorios de REA de libre disposición.

No ano 2012, dentro do marco do Congreso mundial sobre os recursos educativos abertos, asinouse  Declaración de París sobre os recursos educativos abertos. Nela, ínstase aos países integrantes da UNESCO a unha serie de recomendacións:

  1. Fomentar o coñecemento e o uso dos recursos educativos abertos.   
  2. Crear espazos propicios para o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC).   
  3. Reforzar a formulación de estratexias e políticas sobre recursos educativos abertos. 
  4. Promover o coñecemento e a utilización de licenzas abertas.
  5. Apoiar o aumento de capacidades para o desenvolvemento sostible de materiais de aprendizaxe de calidade.
  6. Impulsar alianzas estratéxicas en favor dos recursos educativos abertos. 
  7. Promover a elaboración e adaptación de recursos educativos abertos nunha variedad de idiomas e de contextos culturais. 
  8. Alentar a investigación sobre os recursos educativos abertos.   
  9. Facilitar a busca, a recuperación e o intercambio de recursos educativos abertos. 
  10. Promover o uso de licenzas abertas para os materiais educativos financiados con fondos públicos.    

   Nesa liña cómpre enmarcar a iniciativa da Comisión Europea Open Education Europa que pretende converterse no repositorio de todos os REA de Europa.

   Tamén aquí, no noso territorio, temos iniciativas oficiais de promoción de recursos educativos abertos. Verémolo no seguinte apartado do curso.