É importante, daquela, que cando empreguemos material alleo obtido na Rede, respectemos as licenzas de uso dese material e que fagamos unha correcta atribución da autoría.
É habitual indicar, sempre que se poida, o autor da obra, o título, o lugar no que se pode atopar (banco de recursos, repositorio, servizo web...) e a licenza que ten. Tamén é interesante, e sempre que o medio o permita, facer que esas referencias se fagan mediante ligazóns activas que nos leven directamente á fonte de información.
Fíxate nos seguintes exemplos e preme nas ligazóns do pé da imaxe e do vídeo para comprobares a onde nos levan: