Saltar navegación

Que son os REA?

Que son os REA?

Existen diferentes definicións do que é un Recurso Educativo Abierto (tamén coñecido polas súas siglas, REA ou OER, Open Educational Ressources), que varían no tipo ou na orixen do recurso ou no grao de “apertura”. Pero, sen dúbida, a definición máis extendida e comunmente aceptada é a que ofrece a UNESCO:

O termo Recursos Educativos Abertos designa materiais de ensinanza, aprendizaxe e investigación en calquera soporte, dixital ou doutro tipo, que sexan de dominio público ou que fosen publicados cunha licenza aberta que permita o acceso gratuíto a eses materiais, así como o seu uso, adaptación e redistribución por outros sen ningunha restrición ou con restricións limitadas.

Un REA non ten por que ser un material excesivamente complexo: unha imaxe, un vídeo, un obxecto de aprendizaxe, un curso completo, un módulo, software... O verdadeiramente importante é que sexa un material de aprendizaxe compartido baixo dominio público o cunha licenza que permita ser reutilizado, adaptado e redistribuído gratuitamente.