Saltar navegación

Introdución

Internet, unha fácil tentación

Hoxe en día, acceder a calquera tipo de información e recurso en Internet é estremadamente sinxelo. A tecnoloxía está da nosa parte e ao noso servizo: cos nosos dispositivos habituais (móbiles, ordenadores, televisores intelixentes...) consultamos páxinas de información, descargamos imaxes ou vídeos... E todo cun par de clics, sen dificultade ningunha. E sen custos.

E o que facemos na nosa vida diaria aplícase de igual xeito ao noso ámbito laboral docente. Quen, á hora de preparar unha clase, non dedicou parte do seu tempo a navegar pola Rede na busca dalgunha imaxe, dalgún vídeo, dalgún documento... que se axusta perfectamente ás súas necesidades?

Pero, desde un punto de vista ético e legal, non é aceptable "apropiarnos" sen máis do que vaiamos atopando en Internet. Todo dependerá de como os seus autores decidiron compartilo na Rede. E teremos que saber se estamos autorizados a utilizalo, a modificalo, a compartilo de novo...

Obxectivos

Coñecer que son os recursos educativos abertos

Coñecer as licenzas de autoría e uso

Recoñecer as diferentes licenzas de uso

Aprender a referenciar correctamente os materiais alleos

Coñecer o uso responsable do tratamento de datos persoais