As licenzas Creative Commons ou CC son licenzas abertas que, aínda reservando algúns dereitos sobre as obras, si permiten o seu uso, distribución, comercialización e adaptación.
Establécense catro condicións:
- Recoñecemento: permítese o uso e modificación da obra, a súa comercialización e distribución pero sempre citando e recoñecendo a autoría orixinal.
- Sen obra derivada: non se pode utilizar a obra orixinal para crear unha obra derivada.
- Non comercial: non se pode facer un uso comercial do produto orixinal.
- Compartir igual: permítese o uso e modificación da obra, o seu uso comercial e a súa distibución sempre e cando se comparta o produto final coa mesma licenza.
Estas catro condicións poden combinarse entre elas dando lugar aos seis tipos de licencia Creative Commons:
Recoñecemento (CC BY)
Permite a terceiras persoas utilizar a súa obra, modificala, adaptala, mesmo con fin comercial, sempre que se recoñeza a autoría da obra orixinal.

Recoñecemento - Compartir igual (CC BY SA)
Permite a outros usar, modificar, adaptar a súa obra, mesmo con fins comerciais sempre e cando se recoñeza a autoría e se comparta coa mesma licenza.

Recoñecemento - Sen obra derivada (CC BY ND)
Permítese o uso, mesmo comercial, pero non se pode modificar e ha de recoñecerse a autoría orixinal.

Recoñecemento - Non comercial (CC BY NC)
Permítese usar, modificar, adaptar a obra orixinal pero non o seu uso con propósitos comerciais e citando sempre a autoría.

Recoñecemento - Non comercial - Compartir igual (CC BY NC SA)
Permite a outros usar, adaptar, modificar, sen fins comerciais, recoñecendo a autoría e compartíndoa nos mesmos termos.

Recoñecemento - Non comercial - Sen obra derivada (CC BY NC ND)
Permítese o uso da obra orixinal pero non con fins comerciais nin con adaptacións ou modificacións. Ha de recoñecerse a autoría.

Estas licenzas abertas Creative Commons estarían a medio camiño entre a máis restritiva do Copyright e a absolutamente libre do Dominio público, que afectaría a todas aquelas obras que non teñen ningún tipo de restrición no seu uso, nin sequera o de recoñecemento. Visualmente podemos velo mellor no coñecido Semáforo de Creative Commons:
Dominio Público CC0