Saltar navegación

Copyright vs Creative Commons

“Licenzas”, “licenzas abertas”, “adaptación e redistribución”... son termos que foron aparecendo neste recurso. Pero, de que estamos a falar exactamente?

Cando se crea un produto cualquera, sobre esa obra aplícanse unha serie de dereitos de propiedade intelectual e de autor. Se o seu autor non especifica o contrario, esa obra ten todos os dereitos reservados, o coñecido copyright (e o seu famoso símbolo ©), que impide que sexa utilizado libremente por unha terceira persoa.

Este concepto tan restritivo atopa o seu contrapunto no coñecido copyleft e as licenzas Creative Commons.

O movemento copyleft pretende facer fronte ao copyright ofrecendo unha maior libertade no uso de contidos alleos aplicando unicamente “algúns dereitos reservados”. Defenden o uso de licenzas máis abertas, que permitan compartir e reutilizar os contidos creados.

Christopher Dombres, The Battle of Copyright, Flickr, Dominio Público