Saltar navegación

Entrega de tarefas

Entrega de tarefas

Respecto das entrega das tarefas:

  • Recoméndase fixar unha entrega secuencial de tarefas e evitar os prazos dilatados no tempo, para que o alumnado logre seguir un bo ritmo de traballo.
  • Cómpre non acostumalos a prorrogar prazos. Isto tamén axudará o profesorado a poder ir desenvolvendo o arduo labor de corrección gradualmente.
  • Dado que a plataforma permite configurar o día e hora de entrega, podería ser útil fixar sempre a mesma hora de entrega para que o alumnado dispoña dunha certa rutina (as tarefas pechan sempre ás 14:00 horas, por exemplo).
  • É aconsellable explicitar o formato de presentación (a: para evitar que cada tarefa estea nun formato diferente (tipo de letra, tamaño, interlineado). Isto axudará á hora da corrección.
  • Convén fixar o formato do nome dos arquivos de entrega. Hai que ter en conta que Moodle permite descargar á vez todas as tarefas. Se non se segue unha nomenclatura, poderiamos atoparnos coa circunstancia de non poder saber a quen lle corresponde o arquivo descargado.

Exemplo:

Para a entrega desta tarefa, debes xerar un único arquivo (pode ser comprimido ZIP ou un documento RTF, DOC, ODT...), que nomearás do seguinte modo: apelido1_apelido2_nome_xxx01_tarefa

  • apelidos, seguidos do teu nome e separados por guión baixo,
  • nome abreviado do módulo (xxx),
  • número de unidade (01) (eliminamos coma) e
  • a palabra tarefa.