
É especialmente importante no ensino na Rede, reflectir claramente en cada actividade como se vai avaliar. Se é posible, o ideal para o alumnado é usar unha rúbrica:
- Facilita a comprensión do que ten que facer nesa tarefa.
- Fomenta a súa autoavaliación.
Con respecto ao profesorado, a rúbrica fomenta a transparencia e reduce notablemente o tempo de corrección.
Recoméndase evitar as rúbricas con niveis de logro indefinidos: moi ben, ben, regular pois este tipo de rúbrica non permite ao alumnado saber que ten que facer, nin serve para a súa autoavaliación.
