Saltar navegación

5º Actividades

Actividades

No deseño de actividades nun curso na Rede non poden aplicarse exactamente os principios que rexen para un curso presencial, dado que as condicións e medios das dúas modalidades formativas son diferentes. Debemos ser concienzudos e considerar todas as cuestións para que o alumnado poida realizar a tarefa ou actividade.

Nun ensino a distancia non abonda con “cargar” a actividade para realizar senón que, ademais, esta debe dispoñer de información que lle sirvan ao estudante como axuda e orientación para o seu desenvolvemento:

  • Título da actividade (significativa e numerada).
  • Descrición.
  • Obxectivo e resultados que se esperan obter.
  • Especificar se a van realizar de maneira individual, en grupo...
  • Ofrecer os  recursos que se poden utilizar para levala a cabo.
  • Establecer un límite temporal e informar de maneira clara sobre este.
  • Explicar como se fará o envío da mesma.
  • Especificar o formato de presentación.
  • Explicitar como se avalía.

Debe tratarse de actividades útiles para o alumnado e debemos fomentar, sobre todo a través do foro, a colaboración e axuda entre eles para a súa realización. Deste xeito, non só se guiarán uns a outros na súa aprendizaxe, senón que tamén lles axudaremos a romper o seu illamento e a que se sintan parte dunha comunidade.

As actividades poden ser individuais ou en grupo (este aspecto tratarase no apartado “avaliación”).

Actividades