Unidades didácticas.
O curso na Rede, o mesmo que o presencial, imos estruturalo en unidades didácticas.
No ensino a distancia é recomendable que as unidades didácticas se abran ao alumnado progresivamente, seguindo o calendario previamente establecido na guía no canto de deixar todo aberto desde o inicio do curso.
Se se da acceso a varias unidades didácticas ao mesmo tempo, é probable que o alumnado “navegue” por elas, abrindo e pechando ficheiros, tarefas… e non se centre na que nese momento lle corresponde. Unha vez aberta unha unidade, pode deixarse dispoñible ata o final, así o alumnado pode consultala en calquera momento.
Recoméndase combinar recursos educativos de diverso tipo para así potenciar o interese e motivación dos estudantes, e adaptarse á diversidade da aula.
As unidades didácticas estarán formadas principalmente por:
- Material didáctico de distinto tipo.
- Actividades de aprendizaxe e avaliación.
Material didáctico
É unha parte moi importante no ensino a distancia.
Debe estar ben estruturado e manter un deseño homoxéneo no ensino na Rede:
Podemos dividilo en dous tipos básicos e fundamentais no eLearning:
- Contido textual ou documentación. Para textos é conveniente:
- Utilizar formatos que faciliten a impresión, como o PDF.
- Que inclúan índices e imaxes para facilitar a información visual.
- Contido audiovisual. O vídeo ten un papel moi relevante no ensino a distancia como forma de exposición de determinados conceptos. Recoméndase o emprego de vídeos de curta duración. Unha duración excesiva fai que a atención do estudante poida decaer.
Organización da UD
A boa organización da unidade didáctica:
- Facilita o labor de planificación.
- Proporciónalle ao alumnado información visual sobre a metodoloxía de traballo.
É recomendable empregar etiquetas para unha boa organización dos elementos dentro da unidade didáctica pola súa simplicidade. Un exemplo das mesmas serían as seguintes:
- Contidos.
- Recursos complementarios.
- Foro de dúbidas.
- Actividades.
- Avaliación.
Cando haxa moitos arquivos en cada apartado convén utilizar cartafoles que permitan agruparlos, evitando dese modo alongaren exceso a estrutura da unidade.

.png)