Saltar navegación

2º Planifica

Planificación

O ensino na Rede non debería resultar moi diferente ao presencial neste aspecto, posto que o alumnado debe ser constante e organizado, como ocorre nos módulos presenciais. Pero no espazo virtual todo é máis difícil para os estudantes: a comunicación é máis lenta, han de lograr unha aprendizaxe autónoma, están sós...

Por iso, un dos mellores agasallos que podemos darlle ao noso alumnado é facer unha boa planificación do seu curso, simple e clara. Faráselle máis doado de seguir canto máis planificado estea.

O profesorado debe dar a coñecer unha planificación, onde se especifíque:

  • Os contidos que se van impartir: unidades didácticas…
  • Os criterios e instrumentos de avaliación e o seu peso na avaliación final.
  • As actividades, tarefas… que hai que realizar.
  • O horario de atención.
  • O calendario ou prazos de entrega das actividades.
  • As datas de exames.
  • O cronograma.
  • E calquera outra información de interese.

Toda esta información pódese recoller, entre outros documentos, na Guía do curso para lle entregar ao alumnado.