
Un aspecto fundamental se queremos que o noso alumnado siga con éxito o curso e non abandone a materia, é facer un seguimento constante de forma que:
- Se sinta parte da comunidade e perciba que hai alguén aí, do outro lado.
- Perciba ese alguén, do outro lado, resolve dúbidas, corrixe… está atento á súa evolución e vaino/a guiar, axudar…
- Nós, como docentes, poidamos detectar problemas no seguimento do curso ou no desenvolvemento dunha actividade concreta, o que nos axudará a mellorar.
Hai varios aspectos importantes que se han de ter presentes á hora de impartir o noso módulo profesional, buscando xerar un bo clima de motivación:
- A participación activa do estudante.
- Unha retroalimentación de calidade, inmediata e informativa.
- Unha sensación de proximidade.
Esta falta de contacto directo co profesorado e demais compañeiros/as da clase pode paliarse, en certa medida, xerando esa proximidade dos recursos de que se dispón (por exemplo, os foro) e unha boa comunicación e planificación, ademais dun seguimento personalizado das actividades do alumnado.
É básico realizar un control da actividade do alumnado, atendendo sobre todo a aqueles que están máis atrasados (premendo en "participantes", por exemplo, podes ver a última conexión do alumnado e, desde aí, enviarlles unha mensaxe directa a aqueles/as que presentan un avance máis lento).
Finalmente, é primordial ofrecer un feedback personalizado aos traballos que recibamos do noso alumnado.