Saltar navegación

2.6. Relación con outras entidades

Establecer relacións de colaboración con outras institucións fortalece a función comunitaria da biblioteca escolar como axente activo de transformación pedagóxica, cultural e social, e contribúe a unha educación integral do alumnado.

Diversos marcos normativos e teóricos sosteñen esta importancia:

  • A International Federation of Library Association and Institutions (IFLA) xa sinalaba en 2015 que a biblioteca escolar debe traballar en estreita cooperación con outras bibliotecas –especialmente as bibliotecas públicas, as bibliotecas de ensino superior e a rede xeral de información, para asegurar un acceso máis amplo aos recursos de información e lectura.
  • O Manifesto IFLA/UNESCO sobre a Biblioteca Escolar 2025.

A cooperación pódese establecer con institucións diversas e cada unha delas expón múltiples posibilidades, como:

  • Con bibliotecas públicas e municipais:  permite ampliar o acceso do alumnado a materiais e recursos informativos máis alá do horario e o espazo escolar
  • Con outras bibliotecas escolares
  • Con librarías e editoriais
  • Con asociacións xuvenís, culturais ou comunitarias.
  • Con institucións académicas ou universitarias:

Feito con eXeLearning (Nova xanela)