O alumnado de 1º e 2º de ESO que participou durante todo o curso no Club de Ciencias do centro logrou un salientable resultado no concurso de robótica celebrado o pasado venres na Facultade de Enxeñería Industrial de Vigo.
Os tres equipos que representaban o centro conseguiron clasificarse para a final, obtendo finalmente o 3º, 4º e 5º posto, un resultado que reflicte o esforzo, a constancia e o traballo en equipo desenvolvidos ao longo do ano.
Máis aló da clasificación, a experiencia supuxo un gran éxito educativo. O alumnado tivo a oportunidade de aplicar de forma práctica os coñecementos adquiridos, enfrontándose a retos reais que esixían programación, resolución de problemas e toma de decisións en equipo.
Durante a competición, os robots programados polos estudantes debían superar distintas probas, como seguir unha liña esquivando obstáculos no percorrido, así como completar un reto máis complexo dentro dunha circunferencia, onde tiñan que retirar catro latexes sen saírse do espazo delimitado nin atravesar zonas prohibidas.
A participación neste tipo de actividades fomenta o pensamento crítico, a creatividade e o interese pola ciencia e a tecnoloxía. Desde o centro queremos felicitar a todos os participantes pola súa implicación e excelente traballo, que fixo posible este logro.
