Foro MEDITA

A morte e a sociedade

A morte e a sociedade

by Deleted user -
Number of replies: 15

A morte e a sociedade

Gustaríache que a sociedade tivese máis recursos e estratexias para superar as dificultades que aparella a morte? Que botas de menos?

Son necesarios os rituais, cómpre que sexan diferentes? Máis intimidade ou máis estratexias colectivas?

Recollerías aspectos positivos da forma en que se vivía a morte, a propia ou a dos próximos, na Galicia tradicional, para unha nova construción social dos procesos mortuorios?


Contestar a todo isto non é doado, mais eu penso que vou ir pregunta a pregunta para que a miña postura quede ben comprendida.

1º Eu penso que si, que a sociedade debido ao poder da tradición histórica, ve a morte con medo, como un tema tabu, algo do que non se pode falar. A sociedade reflexa na morte a palabra HUNDIMIENTO, como se todo se vise abaixo no momento no que un familiar morrese e como se apartir dese momento a vida se tivese que quedar ahi, de feito o de facer luto foi unha tradicion totalmente normal ata fai pouco. E certo que a morte de alguén que queres non é nada agradabel pero se a sociedad conseguise cambiar a súa mentalidade e tratase de ver a morte como algo máis natural, algo que forma parte da vida, algo non tan terrible, senon unha maneira de poder desahogar ese sufrimento que crea diante de todo o mundo, pero sen necesidade de que sintan magoa por ti. Explicalo nas escolas, falarlles aos nenos da morte, non coas bases da relixion como se adoita facer, iso de hay un ceo se es bó vas alí e todas esas bobadas que o único que o fan é peor pq lle ocultan ao neno a propia realidade, senon falarlles de que a vida é como un camiño no que a morte sempre vai delimitar onde remata, nese camiño tes obstaculos, se xogas ben chegas ao final e morres cando finaliza a partida, pero as veces hay obstaculos que non superas entonces quedas no medio da partida. Esta seria unha maneira de que os nenos non pensasen en que os seus avos vaguen polas suas cabezas en forma de alma, ou espirito.

2ºEn canto ao dos rituais xa falaramos no foro crea de isto. Eu estou totalmente en contra de calquera tipo funeral. Cando unha persoa morre non se vai decatar do que están a facer por el, enton é unha perda económica. O segundo é que a familia e os seres queridos neses momentos non creo que estean de humor como para que as persoas de maneira hipocrita lle estean a dar o pesame e lle digan a bo home/muller que era. E se a familia ou asi quere pois que as persoas que o querian lles quede un recordo do falecido pois ben se eres crente lle fas unha misa en su honor e quen quera que vaia oir ao cura e se non es crente pois fas un rito laico e xa está. Unha cousa que é unha vergoña e que nos enterros nesas misas a pobre persona morta poda estar alí de corpo presente, iso é algo que debería de estar prohibido. Ademais penso que a sociedade debería de deixarse de costumes relixosas, arcaicas e iloxicas, e todo o mundo deberia doar os seus organos e corpos a investigacion que é realmente importante para as persoas que seguen vivindo.

3º Na Galicia tradicional ao igual que en outros moitos sitios os procesos mortuorios estaban establecidos por unhas bases da iglexia católica, todo xiraba en torno a: o morto debe ter unha misa para purificar a súa alma (que nin sequera existe), a viuda debe de guardar luto como boa esposa senon cando morra non vai ao ceo, deberá ser enterrado no cementerio loxicamente propiedade da igrexa...etc. Polo que se agora mismo que en pleno século XXI evolucionasemos e nos deixasemos de bobadas de ideas relixiosos, de crer en algo q nin sequera existe e polo que sometemos a nosa vida, a única vida que temos, as cousas irían mellor e todos seríamos máis humanos e máis felices.

Re: A morte e a sociedade by Deleted user -
Re: A morte e a sociedade by Deleted user -
Re: A morte e a sociedade by Deleted user -
Re: A morte e a sociedade by Deleted user -
Re: A morte e a sociedade by Deleted user -
Re: A morte e a sociedade by Deleted user -
Re: A morte e a sociedade by Deleted user -
Re: A morte e a sociedade by Deleted user -
Re: A morte e a sociedade by Deleted user -
Re: A morte e a sociedade by Deleted user -
Re: A morte e a sociedade by Deleted user -
Re: A morte e a sociedade by Deleted user -
Re: A morte e a sociedade by Deleted user -
Re: A morte e a sociedade by Deleted user -
Re: A morte e a sociedade by Deleted user -