Seguro que tedes razón en que hai persoas que non poden axudarnos nos casos de perdas. Só unha precisión que ao mellor é superfúa porque xa sabiades isto:
O proceso do dó, é dicir o periodo no que o individuo que sufriu a perda acepta esa ausencia, reelabora o sentido da súa vida, soluciona os problemas e carencias cotiás malia esa ausencia, resitúa emocionalmente o perdido (busca a forma de lembralo sen ferirse e de que perdure o seu recordo sen telo fisicamente), consigue unir o fío roto entre o pasado e os plans futuros, pois... ese periodo varía dunhas persoas a outras dependendo de varios factores, pero estamos a falar dun tempo aproximado que vai de un a tres anos, as veces máis. Quero dicir que cando falamos de buscar estratexias psicolóxocas e sociais non estamos a pensar nas inmediatas a morte, no dó dos primeiros momentos, senón daquelas que poden axudar durante o proceso enteiro. O común nesta sociedade é que contorno dea por concluído o periodo bastante antes de que o poda facer a persoa afectada.