Eu tiño que dicir que non penso que sexa factible educar á xente dende nova para que saiban asumir mellor a desaparición dun ser querido. Quizas haxa pobos ou houbera civilizacións que foran quenes de asimilar esas situacións dun xeito máis práctico, pero nun mundo globalizado como o noso, no que o material constitúe unha parte fundamental das nosas vidas e as relacións entre as personas son diferentes, creo que é pouco probable que esa idea que aporta Marga se poidera levar a cabo.