A túa postura está ben amparada pola lexislación actual?
Hai na actualidade posicións opostas a túa? Teñen poder os que pensan diferente a ti?
Condicionan dalgún xeito a túa perspectiva referente á morte?
1. Si e non. Por unha parte penso que si, xa que se morrese gustaríame que o meu corpo se doase a ciencia, o cal si que esta amparado pola lei. Paréceme a mellor opción de todas, de feito penso que é o que debería facer todo o mundo: permitir que a ciencia estude a posibilidade de extraer algo útil do corpo, e despois, se non fose posible, enterralo ou queimalo. O corpo, que xa non é mais que materia morta, pouco lle importa que lle saquen un ril, ou o fígado. Mentres que os familiares, pouco debería importarlles tampouco, independentemente de que sexan relixiosos ou non, de feito, a doazón de órganos está apoiada pola Igrexa católica, a cal, sen embargo, rexeita a incineración.
A lexislación non te obriga a seguilos pasos predeterminados pola sociedade: morte, tanatorio, enterro. Ti elixes se queres saír do camiño ou non, porque enterrarse? O enterramento xa non supón unha volta a “natureza”, un reencontro coa terra, de feito nin sequera a terra tocas.
Por outra parte, digo que non, non esta amparada, posto que se sufrise un accidente ou enfermidade, e quedase en estado vexetativo, a lexislación obrigaríame a seguir “vivindo” cando xa non o fago. Penso que a vida é un dereito, en ningún caso un deber. Se eu coma persoa xa non vivo, non son nada, porque manter o meu corpo enchufado unha máquina consumindo enerxía coma se fose un moneco?
2. Posicións opostas a miña claro que as hai, especialmente no último punto que comentei. A eutanasia e fortemente criticada entre outras, pola Igrexa católica. Supoño que para a Igrexa, que adornan sempre a morte con traxedias, e castigos por mal comportamento, o feito de recibir a morte por decisión propia, en paz, sen considerarse algo negativo, debe ser algo terrible.
Sen embargo, non soamente a igrexa oponse a eutanasia, tamén os gobernos conservadores, non hai mais que ver o caso de Eluana Englaro en Italia, onde ata o mesmo Berlusconi afirmou que a muller fora asasinada.
Poder, claro que o teñen, vivimos nunha sociedade inevitablemente condicionada polos preceptos da igrexa, a cal parece que xa por costume, oponse a todo o que non sexa “tradicional”: métodos anticonceptivos, planificación familiar, anestesia,.. (3)E supoño que sen poder remedialo, tamén condicionan o meu propio pensamento sobre a morte, de aí a relación da palabra con “dor e medo”. Sen embargo, trato de influenciarme o menos posible, ninguén por mais que o trate vaime convencer de que a eutanasia, por exemplo, sexa un asesinato. E por sorte, penso que vivimos nunha sociedade coa capacidade de adaptarse e entender, e o igual que se aceptaron en parte as vodas homosexuais sen que ninguén morrese do espanto, tal vez algún día chéguese a comprender que a morte non sempre é un “castigo”, algo negativo, tráxico, senón que incluso pode chegar a ser unha “liberación”, o significado mais extremo de paz.