Foro MEDITA

A morte e o poder.

Re: A morte e o poder.

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

A morte e o poder

A túa postura está ben amparada pola lexislación actual?

Hai na actualidade posicións opostas a túa? Teñen poder os que pensan diferente a ti?

Condicionan dalgún xeito a túa perspectiva referente á morte?

 

 

Penso que a miña postura é a que manteñen unha maioria de españois.

Nos últimos anos estase a falar moito da eutanasia, e para ser sincero non teño unha opinión ben formada en canto a este tema. Por unha parte penso que todo o mundo ten dereito a unha morte digna no caso de que padeza algún tipo de lesión que lle impida valerse por si mesmo. Entendo que dende certos sectores da sociedade se defenda a idea de que é Deus quen nos dá a vida e só el nola pode quitar, pero estas persoas (que non son poucas en España) deben ter en conta que viven nun Estado aconfesional e que non son quen de impoñe-la súa propia moral, que de todolos xeitos débese ter en conta e debe ser respectada.

Por outra banda penso que unha posible lei de regularización desta práctica podería ter consecuencias moi negativas para a sociedade e debería ser plantexada sen deixar ningún cabo solto. Nese suposto, deberíanse fixar uns límites para a súa praxe e deberíanse fixar moi claramente os casos nos cales esa praxe fose axeitada.

Paréceme tamén que o testamento vital é unha vía a ter moi en conta, pois en moitos lugares se aplica e mesmo en Andalucía estase a tramitar unha lei para regulamentar a práctica da eutanasia que o inclúe, pero de todolos xeitos un non sempre mantén no momento da súa agonía o que pensaba cando fixo ese  testamento dende o descoñecemento máis absoluto acerca do seu futuro. Ademais, non toda a poboación podería redactar dito documento, pois un neno ou un adolescente nesas circunstancias non é quen de tomar unha decisión. Respecto a outro tipo de prácticas que se están a mencionar ao longo destas xornadas no foro, como por exemplo a posibilidade de doar o teu corpo a ciencia, non vexo ningún inconvinte niso e non creo que haxa sectores considerables da sociedade que manteñan unha posición contraria á mesma, como tampouco supón ningún problema para o noso país, pero si algunha que outra vantaxe para a ciencia en xeral.

Outro caso especialmente sensible é o respeto á vontade do que morre en canto a que facer co seu corpo, coas súas pertenzas, etc. Creo que no caso dun adulto sería bó éste deixase constancia dos seus desexos e que se cumprisen na medida do posible, respectando sempre as leis e as normas básicas de convivencia. Hai quen querería que o seu corpo non fose enterrado, se espuxese nun determinado lugar, se queimase sen máis… pero hai que respectar aos que conviven con nós e ao medio ambiente e debemos darnos unha serie de regras en canto a isto ao meu entender.

Dito isto, penso que as persoas só se preocupan destes aspectos cando se teñen que enfrontar a eles. Non nos debemos deixar influenciar polos demais, debemos ter a nosa opinión respecto a este tema dentro das nosas posibilidades, e tamén debemos ser consecuentes con nós mesmos e con aquilo que defendemos. Cada quen é libre de pensar do xeito que queira sempre e cando non merme a liberdade dos demais e respecte as leis que nos mesmos nos outorgamos.