Foro MEDITA

A morte e a sociedade

Re: A morte e a sociedade

de Usuario eliminado -
Número de respuestas: 1

Marga, contestarche a todo o que dis levarame un bo anaco, así que non te sintas defraudada se non o fago agora e vai pouco a pouco en varias mensaxes e de paso escoitamos aos demais.

Só quero decirche que eu pensei coma ti durante moito tempo ata que lin, xa fai anos, uns libriños dun dos mellores antropólogos que están en activo en Galicia (é amigo meu, pero ademais é realmente moi bo e da gusto oilo e tamén lelo), chámase Marcial Gondar e ten estudos publicados sobre a función do dó e do loito na Galicia tradicional. O que vai manter non ten nada que ver coa defensa da relixiosidade nin da posición da Igrexa hexemónica critián católica. Resumindo moito, defende que o loito é un sistema que se tiña articulado nestas sociedades tradicionais para que a comunidade, ou sexa, veciños, amizades e familiares, souberan do proceso de dó polo que estaba a pasar a persoa, era como unha chamada constante de atención sobre a necesidade de axuda, acompañamento e outras que tiña o deudo do falecido/a. Pero fixate ben é unha chamada de atención xa institucionalizada de modo que quen reclama esa axuda non ten por que sentirse mal, nin débil, nin violento por facelo.

Agora, cos múltiples cambios que sufriu a sociedade o loito perdeu totalmente o significado, ten connotacións diferentes etc., nunha palabra non ten moito sentido, pero o certo é que as persoas que sofren unha perda, a morte dalguén que queren ou con que conviven, van necesariamente, suliño necesariamente, a pasar por unha etapa difícil na súa vida, teñen que reubicarse, redefinir a súa personalidade que dalgún modo viña crecendo coa do defunto/a, cambiar os seus roles, buscar outros apoios, entender o sentido de todo iso e da súa vida, por non falar doutras facetas como poden ser as necesidades de afecto, sexuais ou os problemas económicos derivados do cese da contribución da persoa falecida como acontecía ata ese momento. O impacto é brutal.

É mellor saber que imos sentir, que esas sensacións son normais, que temos que reconstruirnos ao tempo que reconstruimos o noso mundo, que iso leva un tempo, pero sobre todo que iso supón un esforzo pola nosa parte, mais tamén por parte de quen nos rodea. É un traballo particular pero tamén comunitario.

Esta sociedade prescindiu do loito. Moi ben. Supuxo que simplemente se podía pasar pasar páxina e nun prazo mais ou menos curto o doente xa estaba preparado para incrementar a producción e o consumo, dous poderosos deuses actuais. A realidade non é así, de feito os que nos rodean tenden a abandoar a súa axuda antes de que realmente esteamos en condicións de asumir a perda redefinindo a nosa vida e como consecuencia os individuos sofren máis, en soidade, e se as cousas se complican, tirando de alcohol, drogas, antidepresivos e daquela maneira.

Unha perda, sempre vai ser unha perda, a dor non pode desaparecer sen mais, pero a persoa ten que contar coas axudas íntimas, familiares e sociais para, aínda coa dor, remodelar o sentido da súa vida, darlle sentido a súa historia, enlazar o seu pasado co seu futuro. Non é doado, como tod@s vós sinalasteis a rabia, a tristeza, a soidade, o medo están ahí.

É preciso prestar e aceptar axuda. O individualismo e  a hipocresía non son bos compañeiros neste camiño que aínda que non o creades pode ser unha ocasión maravillosa para crecer como persoa, facerse maís resistente ao negativo e máis activo na busca da positividade.

Re: A morte e a sociedade de Usuario eliminado -