Foro MEDITA

A morte e a sociedade

Re: A morte e a sociedade

de Usuario eliminado -
Número de respuestas: 12

Ao mellor expreseime mal profe. O que quero dicir, é que eu estou totalmente de acordo con que a dor hai que afrontala xunto coa sociedade que é a que en relidade tira de ti para poder seguir adiante e grazas á cal algún día esa dor logra esvaecerse ou a lo menos non estar presente en ti 24 horas. Se só existisen dúas persoas no mundo é unha delas morrera a outra non sería capaz de por si soa ser a mesma que era antes. Unha morte sempre supón un sufrimento, un oco baleiro, unha angustia....todas esas palabras que describimos no exercicio anterior. Mais eu penso que tanto funeral e asi non é bó, porque non hai que homenaxear á persoa morta, senón axudar e conseguir tranquilizar ás que se quedan vivas que son as que van sufrir, porque aínda que soe un pouco bruto <<o morto, morto está>>. Eu estou totalmente de acordo con que os familiares e os amigos máis cercanos que son os que de verdad van sentir a morte do falecido se apoien entre eles, pero eses funeirais estilo "película de Almodovar"" nos que ven xente a recordarche o boa persona que era, e a contarte a súa vida, cando tu neses momentos só pensas "eu a ti non te coñezo de nada q me estas contando quero que me trague a terra e ti me ves con iso, iso xa o sei". Non sei non me gustan esas cousas, eu penso que a vida debe seguir e tes que facerte forte e mentalizarte de que non imos estar sempre os mesmos, os máis vellos desapareceran antes e despois nos os relevaremos, é lei de vida.
En canto ao luto, pode ser que sexa unha maneira de chamar a atención e que nin sequera teña nada que ver coa igrexa eu non o sabía ven, pero o deduxen pola sociedade do momento por iso puse iso enriba, pero aínda así eu penso que é un costume que non o mantería vixente. Se morre alguén e ti te torturas ,non sei cantos anos son, a ir vestido de negro (unha cor que xa por si soa deprime) en honor a esa persoa falecida, esa dor e esa angustia vas tardar moitisimo mais en superala, porque día a día cando te ergas e poñas a roupa vai lembrarte a el/ela.
A solucion relativa, ou a maneira de miminizar mellor dito, todos os problemas acarreados pola morte sería educar a sociedade para iso. Cambiar os valores como dicía Nietzche, co do Superhome, e que a morte se intente ver coma una proceso natural máis. Aínda que sexamos seres humanos e levemos intrinseco en nós a capacidade de sentir, e esas sensacións que orixina a perda dun ser querido nunca se van eliminar, pero a lo menos ser capaz de seguir vivindo.
Algo un pouco dificil de explicar.
Re: A morte e a sociedade de Usuario eliminado -