Vales de material escolar para o curso 2026-2027
Desde o día 17 e ata o 31 de xullo as persoas que resultasen beneficiarias da axuda poden recoller o vale para adquirir material escolar en horario de 9,00 a 13,00 h. na administración do centro.
Desde o día 17 e ata o 31 de xullo as persoas que resultasen beneficiarias da axuda poden recoller o vale para adquirir material escolar en horario de 9,00 a 13,00 h. na administración do centro.
Un amplo grupo de alumnado de 4º de ESO disfrutou da viaxe de fin de etapa entre o 12 e o 18 de xuño.
Accede AQUÍ ao caderno de viaxe completo.
A Resolución 2026003246 da Sétima tenente de Alcalde, delegada de Cultura e Normalización Lingüística, Ensino e Xuventude, do 9/06/2026 concedeu ao noso instituto unha subvención de 10.926 €.
Dita subvención empregarase para a realización de actividades educativas complementarias e adquisición de material didáctico de carácter funxible.
Parabéns ao alumnado de 2º Bach premiado no acto MEGAU!
O pasado venres, 19 de xuño, tivo lugar en Santiago de Compostela o acto de recoñecemento ao alumnado de toda Galicia con mellores expedientes nas probas de acceso á universidade, organizado polas tres universidades do Sistema Universitario de Galicia, en colaboración coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional.
A nosa alumna Sara Sinanovic, xunto con Eva Reza e Candela Cobián, do Club Ximnasia Oleiros resultaron campioas galegas en senior o pasado mes de maio. Ademais, clasificáronse para a gran final da Liga Iberdrola en Segunda División. Moitos parabéns!
Fonte: redes sociais do Concello de Oleiros
O departamento de Matemáticas convocou no curso 25-26 o 6º CONCURSO de FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA co tema “As matemáticas na natureza da túa contorna”.
Este ano contou cunha gran participación por parte do alumnado.
Os premiados nesta convocatoria foron:
1º PREMIO: “Toxicidade Euclidiana” de Nuno Yebra Aparicio de 1º bacharelato A
Do 18 ao 24 de maio alumnado de 3º e 4º ESO viaxou a Francia para completar o intercambio co Collège Sainte-Marie de Pérenchies (Lille).
Convócanse os premios extraordinarios de Bacharelato destinados ao alumnado que rematou Bacharelato na convocatoria ordinaria do curso 25-26 cunha media da etapa igual ou superior a 8,75.
O alumnado dos centros docentes de Galicia que cumpra eses requisitos pode presentarse á proba para a obtención do premio extraordinario, que ten unha dotación de 1.000 € para cada un/ha dos/as 20 mellores resultados na citada proba.
Este venres, 29 de maio, tivo lugar a xornada de acollida do alumnado de 6º EP do noso colexio adscrito, o CEIP Valle-Inclán.
O obxectivo de dita xornada, organizada polos Departamentos de Orientación de ambos centros, é facilitar o tránsito de Primaria a Secundaria e favorecer que o futuro alumnado de 1º ESO do noso instituto coñeza o centro. Para iso, o alumnado, acompañado do seu profesorado titor, foi recibido no Salón de actos polo equipo directivo e pola orientadora e despois visitou as instalacións do centro coa guía do Equipo de Mediación.
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo
Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal
