Este venres, 29 de maio, tivo lugar a xornada de acollida do alumnado de 6º EP do noso colexio adscrito, o CEIP Valle-Inclán.
O obxectivo de dita xornada, organizada polos Departamentos de Orientación de ambos centros, é facilitar o tránsito de Primaria a Secundaria e favorecer que o futuro alumnado de 1º ESO do noso instituto coñeza o centro. Para iso, o alumnado, acompañado do seu profesorado titor, foi recibido no Salón de actos polo equipo directivo e pola orientadora e despois visitou as instalacións do centro coa guía do Equipo de Mediación.
Esta iniciativa completarase o luns, 1 de xuño, cunha reunión dirixida ás familias desta alumnado e que terá lugar ás 18:30 h. no Salón de actos do centro coa intención de dar a coñecer o funcionamento e características do instituto e resolver as eventuais dúbidas que puidesen xurdir ante a nova etapa educativa que comezará a rapazada o curso que vén.
