Estimadas familias, profesorado e membros da comunidade escolar, somos a ANPA ARCE DO IESP XOSÉ NEIRA VILAS, unha asociación creada por e para as familias do noso centro educativo.
A nosa misión é traballar con ilusión para mellorar a experiencia escolar dos nosos fillos e fillas, fomentar a colaboración entre familias e a escola e defender os intereses da comunidade educativa.
Sabemos que xuntos somos máis fortes, organizamos actividades, promovemos iniciativas e levamos a cabo proxectos que benefician a todo o alumnado.
Aquelas persoas que desexen facerse socios deberán cubrir a ficha "ALTA SOCI@S" e aboar a cantidade de 20 euros por familia polo primeiro fill@ e 5 euros polos seguintes fill@s.
FORMULARIO INSCRIPCIÓN: "ALTA SOCI@S"
Nº conta Banco Santander: ES26 0049 0007 2920 1225 2663
TITULAR: ANPA ARCE DO IESP XOSÉ NEIRA VILAS
Se queredes máis información, contactade connosco en anpaneiravilas@gmail.com
Tódala información actualizada das novas relativas a nós, sairá publicada na páxina web do centro no apartado de Anpa (Novas).
Para o vindeiro curso, estamos a preparar unha serie de actividades extraescolares:
- English Club
- Le Club Français
INFORMACIÓN ENGLISH CLUB e LE CLUB FRANÇAIS
FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN: IDIOMAS
Tamén temos previsto levar a cabo outras actividades que se impartirán en horario escolar e sen custo para as familias:
- Obradoiro de xestión emocional.
- Taller de defensa persoal.
- Taller de técnicas de estudio.
- Estudar con sentido.
- Arte Mural.
Queremos establecer unha liña de colaboración co Banco de Alimentos, para que os nosos fillos e fillas poidan coñecer diferentes formas de ser solidarios e, incluso, participar como voluntarios se así o desexan.
Ademais, como vén sendo costume, encargarémonos do Fondo de Libros.
Intercambio de libros de texto
Xa sabedes a importancia que ten o banco de libros para a economía familiar, polo que animámosvos a todos e a todas a participar coas vosas doazóns, paso primordial para poder contar con libros para todo o alumnado, así como a facervos socios da anpa para poder seguir a traballar en proxectos como este. A participación no intercambio de libros é totalmente voluntaria.
Formulario de SOLICITUDE PRÉSTAMO DE LIBROS
Aquí tedes as normas básicas para participar:
- O intercambio de libros é voluntario e está dirixido exclusivamente ás familias socias da ANPA.
- A doazón de libros dará preferencia no intercambio, sen garantir a asignación dos exemplares solicitados, que dependerá da súa dispoñibilidade.
- O alumnado que non devolva os libros recibidos ou manteña débedas coa ANPA quedará excluído do programa.
- A recollida dos libros por unha persoa distinta da nai, pai ou representante legal requirirá autorización por escrito.
- Os libros deberán conservarse en bo estado e non poderán ser pintados nin escritos. Cómpre lembrar que serán utilizados por outro alumnado.
- A non recollida dos libros nas datas establecidas, sen aviso previo á ANPA, suporá a perda do dereito a dispoñer deles.
Anímate e forma parte do ANPA. Canto máis unidos estemos, máis podemos lograr!
A xunta directiva.
ANPA ARCE DO IES PLURILINGUE NEIRA VILAS_Tríptico Informativo

