Parabéns ao alumnado de 2º Bach premiado no acto MEGAU!
O pasado venres, 19 de xuño, tivo lugar en Santiago de Compostela o acto de recoñecemento ao alumnado de toda Galicia con mellores expedientes nas probas de acceso á universidade, organizado polas tres universidades do Sistema Universitario de Galicia, en colaboración coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional.
Neste acto resultaron merecedores/as de recoñecemento polos seus excelentes resultados académicos tres alumnas e tres alumnos do noso centro que remataron o Bacharelato neste curso 2025-2026: Laura Martín Calvo, Valeria Medina Silva, Iria Puente Pedrosa, Hugo Espasandín Carril, Lucas Martínez Navarro e Alejandro Prieto Rodríguez. Asemade, o noso instituto recibiu o seu recoñecemento correspondente pola labor docente que axudou a este alumnado excelente a desenvolver as súas capacidades e talentos. Moitos parabéns e moita sorte na nova etapa que agora comeza!
