Calendario de final de curso ESO e 1º Bach
Publícase o calendario no que se recollen as datas relevantes de final de curso: avaliacións, entrega de boletíns e prazos de revisión das cualificacións.
Publícase o calendario no que se recollen as datas relevantes de final de curso: avaliacións, entrega de boletíns e prazos de revisión das cualificacións.
A Consellería vén de actualizar e publicar o Protocolo educativo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia.
O documento pode consultarse no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/49930
O venres 22 de maio tivo lugar a graduación da nova promoción de Bacharelato 2024-2026.
A nosa alumna Malena Castiñeira gañou o certame de relato Vila de Pontedeume.
A noticia completa pode consultarse aquí: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/pontedeume/2026/05/18/pontedeume-premia-os-relatos-tres-alumnas-oleiros-arteixo-grove/0003_202605F18C3994.htm. Parabéns, Malena!
O mércores 20 de maio o Concello de Oleiros instalou no noso centro o Punto Arco Iris contra a LGTBIFobia.
Un ano máis o Concello desenvolveu esta iniciativa con motivo da celebración o 17 de maio do Día Internacional contra a LGTBIFobia. A través deste posto informativo preténdese traballar co alumnado o respecto á diversidade e a creación de espazos de seguridade e tolerancia fronte aos discursos de odio e as violencias que afectan ao colectivo LGTBIQ+.
Os fíos de Begoña Caamaño chegaron ao IES Neira Vilas. A rapazada de 1º e 2º ESO engaiolada coa autora e o seu legado, creou o mural. Velaí o resultado!
Do 6 ao 8 de maio parte do alumnado de 3º da ESO participou nunha viaxe a Portugal (Ponte de Lima).
Alí iniciáronse nunha serie de actividades como kaiak, paintball, arborismo, camiñata nocturna, tirolina e visitaron á Quinta Pedagóxica de Pentieiros. Foron un total de 37 nenos e nenas que, no día inicial, aproveitaron tamén para facer unha ruta de sendeirismo polo monte Aloia e visitaron os Passadiços de Sâo Joâo da Ribeira, na aba meridional da Serra de Labruja.
Unha vez máis o noso alumnado visita a refinería de Repsol en A Coruña. O martes 12 de maio o alumnado de cuarto que vén de escoller itinerario de ciencias de cara a bacharelato tivo acceso ás instalacións de Repsol da nosa contorna. A visita consistiu nunha explicación dos procesos e proxectos da empresa e dun percorrido en bus polos dous sectores que ocupa territorialmente, o máis antigo no concello de A Coruña e o que corresponde á posterior ampliación, no concello de Arteixo. A visita rematou cuns pinchos nos que compartimos conversa co persoal que nos atendeu.
O alumnado de 1º de bacharelato participou na actividade de SPINNING dentro do Programa Complementario de Actividades Deportivas do Concello de Oleiros.
A actividade desenrolouse na Instalación Deportiva de Perillo, durante os días 20, 24 e 29 de Abril.

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo
Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal
