Unha vez máis o noso alumnado visita a refinería de Repsol en A Coruña. O martes 12 de maio o alumnado de cuarto que vén de escoller itinerario de ciencias de cara a bacharelato tivo acceso ás instalacións de Repsol da nosa contorna. A visita consistiu nunha explicación dos procesos e proxectos da empresa e dun percorrido en bus polos dous sectores que ocupa territorialmente, o máis antigo no concello de A Coruña e o que corresponde á posterior ampliación, no concello de Arteixo. A visita rematou cuns pinchos nos que compartimos conversa co persoal que nos atendeu.
