O venres 22 de maio tivo lugar a graduación da nova promoción de Bacharelato 2024-2026.
O acto celebrouse no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera coa participación de todos os membros da nosa comunidade educativa e coa presenza da Concelleira de Cultura, Normalización lingüística, Ensino e Xuventude, María José Santos Zas. Nel lembramos con gran emotividade todas as experiencias vividas polo alumnado, o profesorado e as familias ao longo destes anos no Instituto. Tamén celebramos a graduación da undécima promoción de Bachibac e despedimos con gran emoción ás nosas conserxes, María e Patri, e á nosa secretaria, Ana, que non seguirán no centro o curso que vén.
Moitos parabéns e moita sorte aos/ás novos/as bachareis nesta etapa apaixoanete que comeza nas súas vidas!
