Do 18 ao 24 de maio alumnado de 3º e 4º ESO viaxou a Francia para completar o intercambio co Collège Sainte-Marie de Pérenchies (Lille).
Durante a estadía o noso alumnado coñeceu o centro, asistiu a clases e realizou numerosas actividades organizadas polo profesorado francés e galego, desde obradoiros de cociña, escalada, minigolf e outros deportes, ata a visita do centro histórico de Lille, do museo "In flanders Field" sobre a Primeira Guerra Mundial e varias trincheiras deste conflito, ou da cidade de Bruxas. Moitas grazas á rapazada francesa e ás súas familias e ao profesorado do Collège pola cálida acollida que nos brindaron! Foi unha experiencia que nunca esqueceremos!
Accede aquí á galería de imaxes.
