- Inicio
- O centro
- Secretaría
- Departamentos/Aulas
-
Orientación educativa
- Novas
- Ciclos formativos
- Alumnado/familias
- Programacións
- Biblioteca
- Proxectos e programas
- Calendario
- Contido recente
- Aula virtual
- Documentos internos profesorado
O IES Moncho Valcarce é un dos centros educativos públicos de referencia nas Pontes de García Rodríguez. Fundado a finais da década de 1980, converteuse no primeiro instituto público da vila, nacendo coa intención de ampliar a oferta educativa para a mocidade da comarca e responder ao crecemento demográfico e industrial das Pontes. En 2013 o centro celebrou os seus 25 anos de historia, reunindo alumnado, profesorado e antigos membros da comunidade educativa nun acto conmemorativo que puxo en valor a importancia do instituto na formación de varias xeracións de estudantes.
O instituto leva o nome de Moncho Valcarce, sacerdote galego e profesor, coñecido polo seu compromiso social e pola defensa do rural galego, uns valores que o centro procurou transmitir ao longo da súa traxectoria educativa. Desde os seus inicios, o IES destacou pola súa aposta por unha educación pública, integradora e vinculada á realidade social e cultural de Galicia.
Na actualidade, o IES Moncho Valcarce ofrece ensinanzas de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional (ciclo formativo de grado superior de laboratorio de análise e control de calidade). Ademáis da formación académica, o centro participa activamente en proxectos culturais, científicos, tecnolóxicos e europeos, promovendo actividades como intercambios internacionais, participación en programas STEM, iniciativas medioambientais e actividades de dinamización cultural.
Ao longo dos anos, o instituto consolidouse como un espazo fundamental para a educación e a vida social das Pontes, mantendo unha estreita relación coa comunidade educativa e co tecido social da comarca. O seu compromiso coa innovación, coa igualdade e coa formación integral do alumnado continúa sendo unha das súas principais sinais de identidade.