• Inicio
  • O centro
    • Datos de contacto
    • Historia
    • Localización
    • Organigrama
    • Documentos
  • Secretaría
    • Formularios secretaría
    • Matrícula
    • Libros de texto
  • Departamentos/Aulas
    • Análise e química industrial
    • Bioloxía e Xeoloxía
    • Debuxo
    • Economía
    • Educación Física
    • Filosofía
    • Francés
    • Física e Química
    • Inglés
    • Lingua Castelá e Literatura
    • Lingua Galega e Literatura
    • Matemáticas
    • Música
    • Relixión católica
    • Tecnoloxía
    • Xeografía e historia
  • Orientación educativa
    • Novas
    • Orientaline
  • Ciclos formativos
  • Alumnado/familias
  • Programacións
  • Biblioteca
    • Actividades
  • Proxectos e programas
    • Feiras científicas
      • Galiciencia 2026
      • Ponte nas ciencias 2026
    • Internacionalización
    • Plan Proxecta
      • Internacionalización do centro educativo en colaboración con eTwinning
      • Proxecto Ríos
      • Proxectos de vida activa e deportiva (PVAD)
    • Innova-Lab
    • PLANEA: Bailando cos teus avós
  • Calendario
  • Contido recente
  • Aula virtual
  • Documentos internos profesorado

User account menu

  • Historia
  • Documentos
  • Iniciar sesión
Inicio
  • Inicio
  • O centro
    • Datos de contacto
    • Historia
    • Localización
    • Organigrama
    • Documentos
  • Secretaría
    • Formularios secretaría
    • Matrícula
    • Libros de texto
  • Departamentos/Aulas
    • Análise e química industrial
    • Bioloxía e Xeoloxía
    • Debuxo
    • Economía
    • Educación Física
    • Filosofía
    • Francés
    • Física e Química
    • Inglés
    • Lingua Castelá e Literatura
    • Lingua Galega e Literatura
    • Matemáticas
    • Música
    • Relixión católica
    • Tecnoloxía
    • Xeografía e historia
  • Orientación educativa
    • Novas
    • Orientaline
  • Ciclos formativos
  • Alumnado/familias
  • Programacións
  • Biblioteca
    • Actividades
  • Proxectos e programas
    • Feiras científicas
      • Galiciencia 2026
      • Ponte nas ciencias 2026
    • Internacionalización
    • Plan Proxecta
      • Internacionalización do centro educativo en colaboración con eTwinning
      • Proxecto Ríos
      • Proxectos de vida activa e deportiva (PVAD)
    • Innova-Lab
    • PLANEA: Bailando cos teus avós
  • Calendario
  • Contido recente
  • Aula virtual
  • Documentos internos profesorado

Miga de pan

  • Inicio
  • Green future: Climate action with AI

Green future: Climate action with AI

g

Durante este curso, o IES Moncho Valcarce participou como centro socio colaborador no proxecto eTwinning “Green Future: Climate Action with Artificial Intelligence”, coordinado por un centro educativo de Turquía e desenvolvido xunto con centros de diferentes países europeos, entre eles Portugal, Italia, Moldavia e Ucraína.

O proxecto tivo como eixo principal a concienciación sobre o cambio climático e a protección do medio ambiente, incorporando ademais o uso da Intelixencia Artificial e de diferentes ferramentas dixitais como recursos para investigar, crear, analizar información e comunicarse con estudantes doutros países.

Ao longo do curso, o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO, coa participación dos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Inglés e Educación Plástica, desenvolveu numerosas actividades relacionadas con diferentes problemáticas ambientais. Entre elas realizáronse observacións meteorolóxicas e análise de datos mediante ferramentas de IA, actividades sobre aforro enerxético, investigación sobre os dereitos da infancia, creación de carteis e logotipos, elaboración de curtametraxes mediante Intelixencia Artificial, intercambios de mensaxes nos que se imaxinaba como sería o mundo no ano 2050, creación de obras de Land Art, exposicións virtuais e accións directas de limpeza de espazos contaminados dentro da iniciativa “From Pollution to Action.

. .

Un dos aspectos máis enriquecedores do proxecto foi a colaboración internacional. O alumnado compartiu os seus traballos e experiencias a través de TwinSpace, Padlet e outras ferramentas dixitais, comunicándose en inglés con estudantes doutros países e coñecendo diferentes perspectivas sobre os problemas ambientais. Esta dimensión internacional permitiu traballar non só os contidos científicos, senón tamén as competencias lingüísticas, dixitais, sociais e interculturais.

A experiencia tivo ademais unha dimensión presencial especialmente significativa coa celebración dunha xornada de encontro co Agrupamento de Escolas de Santo André (AESA), de Barreiro, Portugal. O alumnado puido coñecer persoalmente aos seus compañeiros e compañeiras portugueses, compartir experiencias e desenvolver as súas competencias comunicativas e sociais nun contexto real de intercambio europeo.

Xornada encontro AESA

A implicación activa do alumnado foi un dos elementos fundamentais do proxecto. Os estudantes non foron simplemente receptores de información sobre o cambio climático, senón que participaron como investigadores, creadores e axentes de cambio: observaron a súa contorna, recolleron e analizaron datos, utilizaron novas tecnoloxías, deseñaron materiais de sensibilización e participaron en accións concretas para mellorar os espazos que os rodean.

Esta evolución puido comprobarse tamén mediante as enquisas realizadas ao inicio e ao final do proxecto a alumnado, profesorado e familias. A comparación dos resultados mostrou unha mellora especialmente significativa no alumnado en relación cos seus coñecementos sobre o cambio climático e as posibilidades da Intelixencia Artificial, evidenciando o impacto educativo das actividades desenvolvidas.

Como peche do proxecto, entregáronse diplomas de participación ao alumnado e creouse no centro un Erasmus Corner, un espazo permanente dedicado aos proxectos europeos. Para a súa elaboración deseñouse, en colaboración co equipo de Polos creativos, un mapa de Europa fabricado con materiais reciclados mediante a cortadora láser do centro, no que se sinalaron as localizacións dos centros socios. Este espazo nace con vocación de continuidade e seguirá medrando cos futuros proxectos e colaboracións internacionais do IES Moncho Valcarce.

Diplomas eTwinning.     eTwinnign corner

A participación en Green Future supón así un paso máis na aposta do centro pola internacionalización, a educación ambiental, a innovación educativa e a aprendizaxe competencial, demostrando que traballar conxuntamente con outros centros europeos permite ao alumnado aprender dunha maneira máis activa, significativa e conectada cos retos do mundo actual.

Podedes ver todas as actividades desenvoltas no noso TwinSpace.

 

 

Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo

Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal

IES Moncho Valcarce