Ir o contido principal
Inicio
IES Johan Carballeira

Navegación principal

  • Inicio
User account menu
  • Iniciar sesión
  • O CENTRO
    • Localización
    • Equipo directivo
    • Oferta educativa
    • Actividades
    • Novas do Centro
    • Programacións ESO, Bacharelato
    • Programacións FP Dual e Ciclos D
    • Documentos
      • Documentos do centro
      • Lexislación
      • Lexislación galega
    • Secretaría virtual
  • DEPARTAMENTOS
    • Act. Marítimo Pesqueras
    • Administración
    • Artes Plásticas
    • Ciencias Naturais
    • Economía
    • Educación Física
    • FOL
    • Fabricación Mecánica
    • Filosofía
    • Francés
    • Física e Química
    • Imaxe Persoal
    • Inglés
    • Lingua castelá e literatura
    • Linguas Clásicas
      • Grego
      • Latín
    • Matemáticas
    • Música
    • Orientación
    • Relixión
    • Tecnoloxía
    • Xeografía e Historia
  • FAMILIAS
    • Novas
    • ANPA
    • Edixgal
    • Familias e alumnado
  • ALUMNADO
    • Taboleiro
    • CIUG
    • Exames ABAU
    • Formación Profesional
    • todofp
    • Guías prevención violencia e ciberacoso
    • Plan integral contra o acoso e o ciberacoso escolar
  • Recursos TIC
    • Incidencias TIC
    • Seguridade TIC
    • Aulas Abertas
    • Xunta: Aplicacións móbiles
    • Velocímetro
    • Protección de datos
  • CONSELLERÍA
    • Portal educativo
    • Agueiro
    • Correo edu
    • XADE
    • Proens
    • BoxAbalar
    • Educonvives
    • Servizos
    • espazo ABALAR
    • DIXIT
    • Sevizos dixitais
    • EVA Edixgal
    • E-DIXGAL
    • FProfe
    • PLATEGA
    • EduCalidade
    • CIEDIX
  • AULA VIRTUAL

Miga de pan

  1. Inicio

Novas do Centro

Por admin, 3 Abril, 2025

Admisión do alumnado para o curso 2025/2026

A Orde do 21 de outubro de 2022 desenvolve o Decreto 13/2022 e regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos co fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato. Esta orde establece o seguinte calendario de reserva e admisión:

  • Do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro: prazo de solicitude de reserva para o alumnado que finaliza etapa nun centro adscrito e pasa a outro (centro adscrito ao IES Johan Carballeira: CEIP Plurilingüe A Pedra).
  • 22 de febreiro: publicación da listaxe de alumnado con posto reservado.
  • Antes do 1 de marzo: sorteo público para os efectos de desempate. Anuncio do sorteo para o curso 2025/2026.
     
  • Antes do 1 de marzo: publicación dos postos escolares vacantes. Postos escolares vacantes 2025/2026.
  • Do 1 ao 20 de marzo: prazo de solicitude de admisión para o alumnado que se incorpora por vez primeira ao sistema educativo galego ou para os que cambian de centro de maneira voluntaria.
  • Dez días hábiles a partir do día seguinte ao remate do prazo de solicitude de admisión: presentación da documentación acreditativa para o Baremo, sempre que o número de solicitudes presentadas sexa superior ó número de postos escolares vacantes.
  • 25 de abril: publicación da listaxe provisional de admitidos e non admitidos. 
  • Cinco días hábiles a partir do día seguinte á data de publicación da listaxe provisional: reclamacións contra listaxes provisionais.
  • 15 de maio: publicación da listaxe definitiva de admitidos e non admitidos..
  • Do 23 de xuño ao 7 de xullo: unha vez admitido, prazo de formalización da matrícula.
  • Cando o último día do prazo non sexa lectivo, prorrogarase automaticamente ata o día lectivo inmediato seguinte. 

 

Centros adscritos: CEIP A Pedra

Áreas de influencia: ESO: Parroquia de San Martiño, Bacharelato: Concello de Bueu.

Áreas limítrofes: ESO: Beluso e Cela, Bacharelato: Concellos de Cangas, Marín e Moaña.

Servizos complementarios que ofrece o centro: Transporte escolar.

 

A admisión e a matriculación nun centro docente público implican respectar o Proxecto Educativo do mesmo.

  

INFORMACIÓN A TER EN CONTA

 

·      O alumnado que xa cursa estudos no centro ten garantida a permanencia. En caso de presentar a solicitude noutro centro, debe comunicalo.

 

·     Todo o alumnado poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar. Unha vez presentada unha solicitude, para renunciar a ela deberá facerse expresamente indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude a presentar.

 

·     O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito (no que está matriculado nese momento), e identificará o centro de adscrición que solicita.

 

·     En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8 da Orde que o regula.

 

Presentación da solicitude de admisión:

Para presentar a solicitude de admisión poderase seguir algunha das seguintes opcións:

 

1.      Cubrir a solicitude en AdmisionAlumnado e presentala asinada presencialmente no centro.

 

2.     Cubrir a solicitude e asinala na Sede Electrónica. Procedemento ED550B.
 

 

3.     Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro. Solicitude.
 

 

Documentación a presentar coa solicitude:

  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar cando denegue a consulta.
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación dos pais: sentenza xudicial ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

Importante: no caso de separación ou divorcio, as solicitudes terán que asinalas os dous proxenitores, agás no caso no que a patria potestade estea atribuída exclusivamente a un deles.

 Na aplicación AdmisionAlumnado, poderase consultar:

 

a)     O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.

 

b)    A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.

 

c)     A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación AdmisionAlumnado no momento da súa gravación.

 

d)    O estado da tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

 

 

e)     A lista do alumnado co posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, empregando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e a Chave365.

  • Read more about Admisión do alumnado para o curso 2025/2026

Comentarios

O Centro
Novas do Centro
Nais/Pais
Novas
Por admin, 3 Abril, 2025

Bolsas e axudas do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Curso 2025/2026

O 24 de marzo comezou o prazo para solicitar bolsas do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes para ensinanzas postobrigatorias.

Mais información

  • Read more about Bolsas e axudas do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Curso 2025/2026

Comentarios

O Centro
Novas do Centro
Nais/Pais
Novas
Por admin, 3 Abril, 2025

Bolsas do MEFPD para o curso 2026/2027

O 7 de abril ás 8:00 h comeza o prazo para solicitar bolsas do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes para ensinanzas postobrigatorias.

Estudos para os que se pode solicitar:

Para aqueles alumnos que no curso 2026/27 estean matriculados en:

  • Bacharelato.

  • Ciclos formativos de grao básico.

  • Formación Profesional de grao medio e grao superior.

  • Ensinanzas Deportivas.

  • Ensinanzas Artísticas profesionais e superiores.

  • Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia.

  • Cursos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados.

  • Ensinanzas universitarias de grao ou máster.

Se aínda non se ten claro o que se vai a cursar no próximo curso, a solicitude entrégase coa opción mais probable.

Prazo:

Do 7 de abril ás 8:00 h ao 18 de maio de 2026 ás 15:00 h.

Como solicitala bolsa:

  1. Entrar na Sede Electrónica. Todo o proceso de solicitude realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.

  2. Rexistrarse.

Para rexistrarse necesítase un usuario e unha contrasinal:

  • Se xa se está rexistrado, pódese seguir usando esa conta.

  • Se nunca se estivo rexistrado, hai que pinchar en “Regístrese” e seguir os pasos para crear a conta.

Para acceder ás solicitude da bolsa, pódese usar un dos seguintes métodos:

  • Con Cl@ve ou certificado electrónico.

  • Mediante o usuario e contrasinal cos que se rexistrou na sede electrónica.

Ante calquera dúbida pódese chamar os teléfonos habilitados de bolsas: 910 837 937 ou 986 80 59 55.

Cuantía das bolsas:

Cantidade fixa e cantidade variable para FP, Bacharelato e outros estudos non universitarios.

Cantidade fixa e cantidade variable para estudos universitarios de grao e máster.

Requisitos:

  • Xerais: nacionalidade española ou nacionalidade dun estado membro da Unión Europea e non estar en posesión dun título igual ou superior a aquel polo que se solicita a bolsa.

  • Académicos: non universitarios, universitarios.

  • Económicos: non superar determinados niveis de renda e patrimonio.

Obrigas:

O alumnado está obrigado a destinar a bolsa á finalidade para a que se concede.

Entenderase que non cumpre este requisito cando se produza algunha das seguintes circunstancias:

  • Haber causado baixa de feito no centro durante o curso.

  • Non haber asistido a unha porcentaxe mínima de horas lectivas, salvo dispensa de escolarización (80% das clases en estudos postobrigatorios).

  • Non haber superado o 50% das asignaturas ou créditos nois que se está matriculado, na convocatoria ordinaria nin na extraordinarias (40% na rama de ensinanzas técnicas e científicas).

  • Obrigas de estudos non universitarios.

  • Obrigas de estudos universitarios.

Nestes supostos, o alumnado deberá reintegrar o importe da beca percibida.

  • Read more about Bolsas do MEFPD para o curso 2026/2027

Comentarios

Alumnado
Taboleiro
O Centro
Novas do Centro
Nais/Pais
Novas
Por admin, 5 Febreiro, 2025

Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras 2025

O 3 de febreiro publicouse no DOG a convocatoria de axudas para actividades de formacion en linguas estranxeiras (alemán, francés, inglés e portugués) no ano 2025, destinadas ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato.

A solicitude destas axudas iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible na páxina web do programa: AxudasLe.

O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o 4 de febreiro ata o 3 de marzo de 2025. 

Máis informacion:

Cartel informativo AxudasLe 2025Orde do 24 de xaneiro de 2025 (DOG)

  • Read more about Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras 2025

Comentarios

Alumnado
Taboleiro
O Centro
Novas do Centro
Por admin, 5 Febreiro, 2025

Acreditación das competencias dixitais do alumnado. Curso 2024/2025

Na Resolución do 4 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, dítanse instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa, en réxime ordinario, ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso 2024/25.

Os niveis de competencias dixitais que se acreditan a través dos procedementos regulados nesta resolución son: iniciación e intermedio.

Estes niveis correspóndense cos niveis de aptitude do Marco galego de competencias dixitais recollidos no documento Bases para o desenvolvemento do Marco galego de competencias dixitais.

 A acreditación das competencias dixitais do alumnado poderá realizarse a través das seguintes modalidades:

a) Por obter o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria no curso 2024/25.

b) Por obter o título de bacharel no curso 2024/25 e superar unha proba específica de acreditación da área de dominio 4 de nivel intermedio.

Acreditación do alumnado de educación secundaria obrigatoria

1. O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación.

2. Esta certificación será emitida de oficio conforme aos procedementos establecidos no Marco galego de competencias dixitais e no Rexistro de certificacións en competencias dixitais.

3. A acreditación do alumnado terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno.

Acreditación do alumnado de bacharelato

1. A obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.

2. O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais. 

3. No caso de que unha alumna ou un alumno obteña o título de bacharel e ademais supere a proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación ComDix que acredita o nivel intermedio.

4. O alumnado que titule sen superar a proba específica e o alumnado que non titule e supere a proba específica poderá solicitar no centro docente un documento que acredite os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio de competencia dixital de nivel intermedio superadas. Para estes efectos poderase empregar o modelo de solicitude recollido no Anexo I da Resolucion.

5. O alumnado recibirá os documentos de acreditación a traves da aplicación Abalar.

6. O documento de acreditación terá unha validez de cinco anos a partir da data da proposta de título da alumna ou o alumno ou da realización da proba específica.

Requisitos do alumnado para participar na proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio

O alumnado que desexe participar na probas específica deberá cumprir o seguinte requisito:

Estar matriculado en 2º de Bacharelato para presentarse á proba específica que acredita a área de dominio 4 de competencias dixitais de nivel intermedio.

Solicitude e inscrición nas probas específicas

1. O alumnado de 2º de Bacharelato que desexe realizar a proba específica solicitará a súa inscrición empregando o modelo establecido no anexo IV da Resolución.

2. O alumnado menor de idade contará coa autorización das persoas proxenitoras ou das persoas titoras legais para poder inscribirse na realización da proba.

3. Os centros docentes deberán inscribir o alumnado que participará na proba con data límite 20 de febreiro, ás 23:59 horas.

Aplicación da proba específica

1. A proba realizarase ao longo do mes de marzo de 2025.

2. A proba realizaranse no centro docente con alumnado inscrito o día e no horario que se estableza segundo o número de alumnado interesado e a dispoñibilidade de equipos informáticos do centro.

3. A convocatoria de cada proba específica será única.

Información sobre a proba específica

A proba específica para acreditar a área de dominio 4, Seguridade e privacidade, axustarase á definición de dita área no nivel Intermedio no Marco galego de competencias dixitais.

A alumna ou o alumno debe responder nun tempo máximo de 20 minutos un total de 12 preguntas de diferente complexidade e tipoloxía.

A proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio considerarase superada ao responder correctamente ao 60% das preguntas (8 preguntas).

Demo da proba de acreditación.

  • Read more about Acreditación das competencias dixitais do alumnado. Curso 2024/2025

Comentarios

Alumnado
Taboleiro
O Centro
Novas do Centro
Por admin, 2 Febreiro, 2025

Prazos e procedemento para as reclamacións finais en ESO e Bacharelato. Curso 2024/2025

Instrución 2/2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se concretan prazos e aspectos do procedemento para as reclamacións finais nas etapas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato para o curso 2024/25. 

Instrución 2/25

Modelos orientativos editables

Calendario de revisión e reclamación en ESO e 1º de Bacharelato

Calendario de revisión e reclamación na convocatoria ordinaria de 2º de Bacharelato

Calendario de revisión e reclamación na convocatoria extraordinaria de 2º de Bacharelato

  • Read more about Prazos e procedemento para as reclamacións finais en ESO e Bacharelato. Curso 2024/2025

Comentarios

Alumnado
Taboleiro
O Centro
Novas do Centro
Nais/Pais
Novas

Instrucións para o pagamento de taxas de expedición de títulos académicos

Importante: Pasar por Secretaría antes de proceder ao pago das taxas

Pago de taxas de expedición de títulos académicos (PDF)

No PDF anterior explícanse 4 formas de proceder ao pago das taxas. Coa opcións 1, 2 e 4 hai que ir en persoa a unha entidade bancaria para proceder ao pago e despois entregar o xustificante na Secretaría do centro; coa opción 3 o pago realízase de maneira telemática pero tamén hai que entregar xustificante na Secretaría do centro.

Para facer o pago telemático (opción 3) empregaranse os seguintes códigos:

CÓDIGOS:

Consellería - 07

Delegación - 13

Servizo - 03

Taxas - 302003

No cadro "Obxecto de pago" porase "Expedición título (Bacharelato, Técnico ou Técnico Superior segundo corresponda)"

  • Read more about Instrucións para o pagamento de taxas de expedición de títulos académicos
O Centro
Novas do Centro
Por admin, 4 Decembro, 2024
Premios EME 2024

Premio Contos EME 2024

Emma Regueira Loveira, alumna do IES Johan Carballeira de 1º Bacharelato, foi a gañadora do primeiro premio na terceira edición do concurso "Contos para a Escola de Minas e Enerxía" (Contos_EME 2024), na categoría de alumnado de Bacharelato e FP. Este concurso, organizado pola Escola de Minas e Enxeñería da Universidade de Vigo, ten como obxectivo resaltar o importante papel das mulleres nos campos da enxeñería, así como promover e dar a coñecer os diversos programas de grao que ofrecen. O recoñecemento de Emma mostra a súa perseveranza e creatividade, e esperamos que tamén que serva de inspiración para as súas compañeiras/os, animando a máis estudantes a participar neste tipo de iniciativas, e a explorar e seguir carreiras en enxeñería e disciplinas relacionadas.

Moitos parabéns, Emma

Diario da Universidade de Vigo

  • Read more about Premio Contos EME 2024

Comentarios

O Centro
Novas do Centro
Por admin, 5 Novembro, 2024

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

A resolución do 10 de setembro de 2024, da D. Xeral de Ordenación e Innovación Educativa (DOG do 18 de setembro) establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. 

Os censos electorais están dispoñibles para consulta a partir do 29 de outubro no taboleiro de anuncios da entrada do instituto (O período de reclamación ao censo electoral é ata o 8 de novembro).

Os membros a renovar:

Sector alumnado: 2 

Sector profesorado: 3

Sector persoal administración e servizos: 1

Sector familias do alumnado: 1

O prazo para presentación de candidaturas é do 30 de outubro ao 11 de novembro (as persoas interesadas deben coller o impreso na Secretaría do instituto)

Celebración votacións:  día 20 de novembro

Constitución do novo Consello Escolar: día 12 de decembro

  • Read more about ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

Comentarios

Alumnado
Taboleiro
O Centro
Novas do Centro
Nais/Pais
Novas
Por admin, 20 Outubro, 2024

Certificación ComDix Intermedio

O alumnado que cursou 2º de Bacharelato no curso 2023/24 e realizou a proba especifica de acreditación da área de dominio 4 de nivel intermedio da Acreditación de Competencias Dixitais, pode acceder, descargar ou recoller a Certificación ComDix Intermedio por algunha das seguintes vías:

  • Descargar o certificado desde o espazoAbalar ou desde abalarMovil sempre que se teña unha matricula viva (por exemplo, estando matriculado nun ciclo formativo superior).
  • Descargar o certificado desde a Carpeta cidadá da Xunta de Galicia, accesible dende A miña sede, na Sede electronica.
  • Recoller  o certificado, disponoble en XADE, na secretaría do Centro. A solicitude do certificado pódese facer na Secretariía virtual do centro, cubrindo o formulario Petición de Certificado.
  • Read more about Certificación ComDix Intermedio

Comentarios

Alumnado
Taboleiro
O Centro
Novas do Centro

Paxinación

  • Páxina anterior
  • 4
  • Páxina Seguinte
Novas do Centro

Telf. 886 15 91 76

Coñécenos

Reclamación cualificacións

Imagen Becas
Admisión
Probas FP

BIBLIOTECA

bibliocarballeira

Presentación

Actividades

CatálogoDoha
biblio Carballeira
ELBE2

A trote Orienta

Punto laranxa

ERASMUS +Programas internacionais

Novidades
sepie
Cofinanciado Erasmus
Edixgal
Aula virtual
Polos creativos
biblio
club de ciencia
clásicas
imaxe personal
Erasmus
instagram administrativo
Webs dinamicasEquipo dinamizaciónBibliotecas escolaresUnion europea
Este centro imparte ensinanzas de Ciclos Formativos de grao medio e superior e Formación Profesional Básica. 
Asimesmo, este centro aplica as seguintes medidas de reforzo docente: Programa ARCO e Programa PROA +.
Ensinanzas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo
"O Fondo Social Europeo inviste no teu futuro"
ARCOSave the children
Logo xunta
Powered by Drupal