
O alumnado de adultos coa materia pendente de Lingua Galega de 1º de Bacharelato fará os exames nas seguintes datas:
Primeiro parcial: 13/01/2026
Segundo parcial: 07/04/2026
Final ordianria: 21/04/2026
Publicada o 6 de marzo a Orde do 24 de febreiro de 2026 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2026 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.
Prazo de presentación de solicitudes:
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grado superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 16 de marzo e 26 de marzo de 2026, ambos os dous incluídos.
Datas de realización:
As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 21de maio de 2026 no horario que se indica deseguido:
– Ás 9.00 horas: presentación.
– Das 9.30 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.
– Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica.
As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 29 de abril de 2026 no horario que se indica deseguido:
– Ás 9.00 horas: presentación.
– Das 9.30 ás 13.00 horas: parte común da proba (Matemáticas, Lingua galega e Lingua castelá).
– Das 16.00 ás 18.30 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder).
Calendario das probas de acceso 2026
O 24 de marzo comezou o prazo para solicitar bolsas do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes para ensinanzas postobrigatorias.
O 7 de abril ás 8:00 h comeza o prazo para solicitar bolsas do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes para ensinanzas postobrigatorias.
Estudos para os que se pode solicitar:
Para aqueles alumnos que no curso 2026/27 estean matriculados en:
Bacharelato.
Ciclos formativos de grao básico.
Formación Profesional de grao medio e grao superior.
Ensinanzas Deportivas.
Ensinanzas Artísticas profesionais e superiores.
Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia.
Cursos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados.
Ensinanzas universitarias de grao ou máster.
Se aínda non se ten claro o que se vai a cursar no próximo curso, a solicitude entrégase coa opción mais probable.
Prazo:
Do 7 de abril ás 8:00 h ao 18 de maio de 2026 ás 15:00 h.
Como solicitala bolsa:
Entrar na Sede Electrónica. Todo o proceso de solicitude realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.
Rexistrarse.
Para rexistrarse necesítase un usuario e unha contrasinal:
Se xa se está rexistrado, pódese seguir usando esa conta.
Se nunca se estivo rexistrado, hai que pinchar en “Regístrese” e seguir os pasos para crear a conta.
Para acceder ás solicitude da bolsa, pódese usar un dos seguintes métodos:
Con Cl@ve ou certificado electrónico.
Mediante o usuario e contrasinal cos que se rexistrou na sede electrónica.
Ante calquera dúbida pódese chamar os teléfonos habilitados de bolsas: 910 837 937 ou 986 80 59 55.
Cuantía das bolsas:
Cantidade fixa e cantidade variable para FP, Bacharelato e outros estudos non universitarios.
Cantidade fixa e cantidade variable para estudos universitarios de grao e máster.
Requisitos:
Xerais: nacionalidade española ou nacionalidade dun estado membro da Unión Europea e non estar en posesión dun título igual ou superior a aquel polo que se solicita a bolsa.
Académicos: non universitarios, universitarios.
Económicos: non superar determinados niveis de renda e patrimonio.
Obrigas:
O alumnado está obrigado a destinar a bolsa á finalidade para a que se concede.
Entenderase que non cumpre este requisito cando se produza algunha das seguintes circunstancias:
Haber causado baixa de feito no centro durante o curso.
Non haber asistido a unha porcentaxe mínima de horas lectivas, salvo dispensa de escolarización (80% das clases en estudos postobrigatorios).
Non haber superado o 50% das asignaturas ou créditos nois que se está matriculado, na convocatoria ordinaria nin na extraordinarias (40% na rama de ensinanzas técnicas e científicas).
Nestes supostos, o alumnado deberá reintegrar o importe da beca percibida.
O 3 de febreiro publicouse no DOG a convocatoria de axudas para actividades de formacion en linguas estranxeiras (alemán, francés, inglés e portugués) no ano 2025, destinadas ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato.
A solicitude destas axudas iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible na páxina web do programa: AxudasLe.
O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o 4 de febreiro ata o 3 de marzo de 2025.
Máis informacion:
Cartel informativo AxudasLe 2025Orde do 24 de xaneiro de 2025 (DOG)
Comentarios