A trote orienta é unha presentación interactiva para que as familias e o alumnado poidan coñecer todas opcións do sistema educativo galego.
Proba a coñecer e descubrir todas as posibilidades de estudos á túa disposición:
A trote orienta é unha presentación interactiva para que as familias e o alumnado poidan coñecer todas opcións do sistema educativo galego.
Proba a coñecer e descubrir todas as posibilidades de estudos á túa disposición:
O 18 de maio publicouse a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2026/27.
O prazo de presentación de solicitudes remata o venres 19 de xuño.
Forma de presentación de solicitudes:
Electrónica: a través da aplicación fondolibros e presentando a soliciutde na Sede Electrónica mediante o formulario normalizado (procedemento ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.
INPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada fillo.
NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365 ou B) ter instalado certificado dixital ou DNI electrónico e a aplicación Autofirma.
Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos na aplicación fondolibros, imprima os anexos I e II cubertos e presenteos na secretaría do centro.
Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos na secretaría do centro.
Publicación de actos:
No taboleiro de anuncios da secretaría do centro, única e exclusivamente, publicaranse os seguintes actos:
Asi mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave365 ou o certificado dixital.
Datas de publicación (prazos máximos):
O xoves 14 de maio ás 18:30 entregaranse de forma presencial as notas de 2º de Bacharelato.
O prazo de reclamacións é o 15 e 18 de maio.
Máis información en Reclamación cualificacións.
Gran xornada de teatro para 2º, 3º ESO e 1º FP Básica coa representación de "Only human", o pasado día 22 de abril. Un éxito total!! Well done everyone!!!
No taboleiro de anuncios da secretaría do centro están publicadas as listaxes definitivas do alumnado admitido para o curso 2026/2027, nas ensinanzas de ESO e Bacharelato.
Comentarios