Section outline

  • Neste apartado atoparedes o traballo correspondente á sesión do luns 16 de marzo para o grupo de 2ºESO A

    • Ola a tod@s, déixovos aquí una foto na que aparece a tarefa que tendes que facer. En sesión anteriores traballáramos con diferentes tipos de textos. Pois ben, aquí debedes facer una descrición (texto descritivo) dunha desas persoaxes que vos aparecen no documento. Picade donde pon "Persoaxes" e xa vos debería abrir.

      Aquí debaixo déixovos o enlace a unha páxina na que podedes repasar as características do texto descritivo se tendes dúbidas. Podedes recordar tamén mirando os apuntes que vos dei.

      Facédeo nunha folla e entregádelo á volta deste parón. Recordade que ten que ser en GALEGO e coidado coas faltas.

    • Web na cal vos aparecen as características dun texto descritivo. Abaixo de todo tamén vos aparece a tarefa que tendes que facer, se picades no cadro que pon "Actividades". É a mesma cá da foto.

      Ánimo a tod@s !

  • Neste apartado atoparedes o traballo correspondente á sesión do martes 17 de marzo para o grupo de 2ºESO B

    • Ola a tod@s, déixovos aquí una foto na que aparece a tarefa que tendes que facer. En sesión anteriores traballáramos con diferentes tipos de textos. Pois ben, aquí debedes facer una descrición (texto descritivo) dunha desas persoaxes que vos aparecen no documento. Picade donde pon "Persoaxes" e xa vos debería abrir.

      Aquí debaixo déixovos o enlace a unha páxina na que podedes repasar as características do texto descritivo se tendes dúbidas. Podedes recordar tamén mirando os apuntes que vos dei.

      Facédeo nunha folla e entregádelo á volta deste parón. Recordade que ten que ser en GALEGO e coidado coas faltas.

    • Web na cal vos aparecen as características dun texto descritivo. Abaixo de todo tamén vos aparece a tarefa que tendes que facer, se picades no cadro que pon "Actividades". É a mesma cá da foto.

      Ánimo a tod@s !

  • Neste apartado atoparedes o traballo correspondente á sesión do luns 23 de marzo para o grupo de 2ºESO A.

    • Aquí vos deixo un documento en pdf que vos explica detalladamente o traballo para a sesión desta semana. Consiste na elaboración de 5 tarxetas que nos servirán para xogar ó "Trivial Pursuit" (xogo de coñecemento xeral). Debedes entregarmas á volta co resto de tarefas.

      Só tendes que entregar 5, pero se queredes podedes aproveitar e facer varias e xogar en familia nestas semanas que temos que estar na casa. 

      Aquí abaixo deixovos 2 imaxes: 

      1. Unha tarxeta coas categorías orixinais do xogo.

      2. Un taboleiro que poderedes deseñar na casa se vos apetece para xogar.

      Lede ó pdf con calma para entender como tendes que deseñar as tarxetas. Recordade que esta materia é en GALEGO e as tarxetas deben estar redactadas nesta lingua.

      Deixovos aquí o meu correo electrónico por se tendes dúbidas e queredes preguntareme: anosabelen@gmail.com

  • Neste apartado atoparedes o traballo correspondente á sesión do martes 24 para o grupo de 2º ESO B.

    • Aquí vos deixo un documento en pdf que vos explica detalladamente o traballo para a sesión desta semana. Consiste na elaboración de 5 tarxetas que nos servirán para xogar ó "Trivial Pursuit" (xogo de coñecemento xeral). Debedes entregarmas á volta co resto de tarefas.

      Só tendes que entregar 5, pero se queredes podedes aproveitar e facer varias e xogar en familia nestas semanas que temos que estar na casa. 

      Aquí abaixo deixovos 2 imaxes: 

      1. Unha tarxeta coas categorías orixinais do xogo.

      2. Un taboleiro que poderedes deseñar na casa se vos apetece para xogar.

      Lede ó pdf con calma para entender como tendes que deseñar as tarxetas. Recordade que esta materia é en GALEGO e as tarxetas deben estar redactadas nesta lingua.

      Deixovos aquí o meu correo electrónico por se tendes dúbidas e queredes preguntareme: anosabelen@gmail.com

  • Traballo correspondente á sesión do luns 30 de marzo para o grupo de 2º ESO A. 

    Para a sesión de hoxe propóñovos unha tarefa máis relaxada é relacionada con toda esta situación "rara" que tod@s estamos a vivir:

    Tendes que facer unha redacción nunha folla (escrita á man) que fale deste momento de "confinamento" que estades con motivo do Coronavirus. Intentade facela persoal, non a nivel xeral do que está pasando a nivel mundial. Cada unha/un pode contar as cousas que queira en relación ó que vive nestes días. 

    Por exemplo: explicar como vos sentides, que cousas estades aprendendo de todo esto, que consecuencias credes que pode ter todo isto no voso país ou mesmo no voso pobo? Que é o máis positivo e o máis negativo de pasar tanto tempo na casa? Como organizades o día? Que é o que máis botades en falta nestas semanas? Cales son as vosas actividades preferidas para entretervos? ...

    Estes só son algúns exemplos para darvos ideas de cousas que podedes escribir. Cada un pode poñer o que queira ou lle apeteza. Pensade que lle tendes que escribir a unha amiga ou amigo que non podedes ver estes días, e que nesa redacción lle contades todo o que estades a vivir, así será máis fácil.

    Recordade facelo en galego e OLLO coas faltas !!

    • Aquí vos deixo un documento que vos recorda en que consiste unha "Narración" e que tipos hai. Botádelle un ollo.

      Moito ánimo a tod@s !!

      Se tendes dúbidas escribídeme. O correo aparece nas sesións da semana pasada.

      IMPORTANTE: Ó LONGO DESTA SEMANA TENDES QUE ENVIARME AS TAREFAS QUE FÓCHEDES FACENDO DURANTE ESTAS SEMANAS. TENDES QUE ENVIARMAS POR CORREO ELECTRÓNICO. XA QUE A MAIORÍA SON DE REDACTAR E VOS PEDIN QUE AS FIXÉRADES NUNHA FOLLA, CON QUITARLLE UNHA FOTO QUE SE VEXA BEN E ENVIARMA, XA ESTÁ. 

      MANDADE TODAS AS TAREFAS NO MESMO CORREO, PARA EVITAR QUE SE PERDA ALGUNHA. 

      MANDADE ESTAS TAREFAS NUN CORREO APARTE. NON AS XUNTEDES COAS DE EDUCACIÓN FÍSICA.

      Recordovos que o meu correo é : anosabelen@gmail.com

      Moito ánimo para todas e todos. Intentade desfrutar das vacacións, ainda que sexan algo extrañas. 

  • Traballo correspondente á sesión do martes 31 de marzo para o grupo de 2º ESO 

  • Ola a tod@s de novo. Comezamos o 3º trimestre do curso. Espero que collérades forzas nas vacacións e que veñades con ganas de traballar. Ánimo.

    Nesta materia de "Habilidades de Comunicación Oral e Escrita" imos a traballar durante estas semanas con contidos relacionados cos "medios de comunicación audiovisuais, a prensa escrita tradicional e dixital". O longo das sesión iremos facendo tarefas que nos levarán á posterior montaxe dun telexornal propio. En cada unha desas sesión, xa vos explicarei de forma detallada o que teredes que facer, non vos preocupedes. 

    Moito ánimo a todas e todos!

  • Para a sesión de hoxe, o único de debedes facer é mirar ó longo da semana un telexornal (informativos). Un día só, ou os días que vos desexedes. Intentade observar con máis detalle que do habitual. Non vos fixedes tanto nas noticias senón na súa estructura, detalles dos presentadores, imaxes, etc. Se queredes, podedes anotar nunha folla cousas que vos chamen a atención, ou simplemente quedarse con elas.  

    Co traballo que fagamos en sesións futuras, xa entenderedes para que vos mando velo.

  • Para esta semana, empezaremos coa creación do noso propio telexornal. Entón o que tendes que facer é ver un telexornal que vós escollades e apuntar as diferentes partes (tamén chamadas seccións) que vaiades diferenciando nel. Por exemplo se ten introducción, que tipo de noticias aparecen primeiro, cales máis contra o final, deportes, o tempo, etc. En función de cal vexades terá unha estructura ou outra. 

    Por un lado debedes apuntar as partes os seccións que vós diferenciades nun que vexades.

    Por outro tendes que poñer nunha folla as partes ou seccións que cada un vai a incluir no seu propio telexonal. Non teñen por que ser as mesmas partes que aparecen no telexornal que vedes, podedes adaptalas como vos queirades e como mellor vos pareza. Tendes que explicar brevemente en que consiste cada parte. Pensade que despois iredes traballando sobre cada unha desas partes en sesións posteriores.

    Tendes de prazo para enviarmo por correo ata o venres.

  • Ola a tod@s seguimos coa montaxe do noso propio telexornal.

    Entre esta semana e a que vén, tendes que escoller noticias para cada unha das vosas seccións do telexornal. Podedes seleccionar as noticias que vós queirades ( de xornais ou revistas dixitais, de xornais ou revistas en papel, noticias inventadas por vós, etc.). As que vós queirades. 

    Debedes seleccionar una noticia para cada sección. Podedes recortala directamente en papel, copiala e pegala nun documento de word, como vos sexa máis sinxelo. 

    O que teredes que enviarme serán os recortes (tanto en formato dixital ou en papel) desas noticias. Ou unha folla se son noticias que creáchedes vós mesm@s. Mirade varias noticia e seleccionade despois as que vos parezan interesantes. Non collades a primeira que vexades. 

    Tendes de prazo ata o día 7 de maio para entregalo. Póñovos 2 semanas xa que a maioría de vós tendes bastantes seccións. Repartide o traballo entre as dúas semanas, non o fagades todo xunto. 

    ENTREGAR AS NOTICIAS DAS DÚAS SEMANAS XUNTAS, NON CADA SEMANA!

    Ánimo periodistas!

  • Seguindo co noso telexornal, hoxe imos a traballar na parte do "sumario" ou tamén chamada "titulares". Está parte é o inicio do telexornal, unha especie de índice onde se destacan as noticias máis importantes de forma resumida que despois serán explicadas con detalle na parte central do informativo. 

    Pois ben, o que tendes que facer esta semana é deseñar o voso SUMARIO. Debedes pensar que formato lle ides a dar, elexir imaxes, gráficos, vídeos ou recursos que empreguedes para introducir as noticias que vos escolladas. Tendes que estructurar esa parte: escoller as noticias (das que xa seleccionáchedes a semana anterior) que ides comentar. 

    Ó inicio de cada telexornal tamén hai unha parte que se chama "Cabeceira". Unha música con imaxes de introducción. O que queira pode escoller unha tamén. 

    De momento non tendes que gravalo, só ir apuntando na libreta este seguinte paso (SUMARIO) e explicar como será o voso: estructura, noticias, imaxes, música, etc. 

    Tendes de prazo ata o venres 15 inclusive para enviarme o que deseñachedes.

    Aquí abaixo déixovos recursos de exemplo. 

    • Aquí vos deixo 2 vídeos que vos van a axudar. 

      Un é un exemplo de cabeceira e titulares. No outro móstrasevos só unha cabeceira.

    • Picando neste link accederedes a unha páxina na que podedes ver desglosado un telexornal da semana pasada. 

  • Ola a tod@s!

    Esta semana teredes que levar á acción a parte do "sumario/titular" que deseñáchedes a semana pasada. Facede un pequeno video ou unha montaxe. Podedes meter música, fotos, recortes das noticias, etc. 

    Tendes que aparecer vós (como presentadores) facendo o resumo do telexornal, cos titulares e resumo das noticias que escolléches para esta primeira sección do voso telexornal.

    Aquí abaixo, déixovos uns enlaces nos que poderedes ver exemplos de "sumarios/titulares" dalgúns telexornais. Os que aparecen nestes enlaces son moi longos. Os vosos deben ser moito máis pequenos.

    Seguro que vos queda xenial.

    Tendes toda a semana para facelo e enviarmo. O último día será o venres 22, inclusive.

    Ánimo

    • Aquí tendes algúns exemplos da sección de "sumario ou titulares" duns telexornais en galego.

  • Ola reporteir@s!

    Logo de que a semana pasada gravárades o voso sumario, esta semana ímonos poñer máns a obra coa parte central do telexornal. 

    Teredes que gravar, montar, etc as novas correspondentes a cada sección que escollíchedes para o voso telexornal. Non facer videos moi longos, para que non vos dean moito a lata ó subilos. Podedes se queredes gravar tamén cada sección por separado. Iso a elección de cada ún. Xa vós valorades que opción vos vai mellor. 

    O outro día envieivos por correo os nomes dalgúns programas e aplicacións coas que podedes editar videos e facer montaxes. Póñovos aquí abaixo o nome por se algúen non os veu:

    • Programas para ordenador: windows Movie Maker (windows) e Shotcut (windows, mac, linux).
    • Aplicacións para o movil: Vivavideo, Inshot, Filmix ou Power director. 
    • TANTO OS PROGRAMAS COMA AS APLICACIÓNS SON GRATUÍTAS.

    Recórdovos que non tendes que facer montaxes obrigatoriamente. Podedes simplemente gravar e facer efectos de forma tradicional. Por exemplo, poñendo unha música de fondo, ensinando recortes que teñades, debuxos, gráficos, etc. O que a vós se vos ocorra. 

    Recordade tamén gravar unha pequena despedida ó final do telexornal, unha vez rematadas todas as seccións. 

    Teredes case 2 semanas para facelo e enviarmo por correo, xa que seguramente vos leve tempo e teredes traballo doutras materias. A data límite para entregalo será o XOVES 4 DE XUÑO. 

    Acción!

  • Recordades que ainda tendes estas semana para continuar coa gravación e montaxe do voso telexorna. 

    Moito ánimo que estades a facer cousas chulísima!

  • Ola a todas e todos!

    Primeiro de nada felicitarvos polo bo traballo que fixéchedes co voso telexornal. A maioría están xenial. Estades feitos uns reporteiros de primeira. Noraboa!

    Para esta semana propóñovos a última tarefa para este curso tan raro e que pasou tan rápido. 

    Debedes facer unha redacción (en papel ou en formato dixital) na que me contedes que cousas vos gustaron máis e cales menos das que fixemos ó longo do curso. Facede unha valoración persoal. Que cousas aprendíchedes, que tarefas vos resultaron máis complexas de facer, cales vos pareceron as máis divertidas,... Cousas que vos gustaría haber feito e que non puidemos, etc. É unha redacción libre na que podedes contarme todo o que vos queirades a nivel persoal relacionado con esta materia nova que descubríchedes este ano. 

    Coidado coa presentación e coas faltas de ortografía.

    Tendes ata o LUNS 15 DE XUÑO para enviarma.

  • Ola a tod@s!

    Aquí vos deixo un documento no cal se vos explica cales foron os criterios empregados nesta materia para valorar e puntuar as tarefas levadas a cabo no confinamento e a súa influencia na nota final.

    Xa vo-lo comentei nas últimas videoconferencias, pero por se algúen ten dúbidas.

    Pasade moi bo verán!