Section outline
-
Traballo correspondente á sesión do martes 31 de marzo para o grupo de 2º ESO
Para a sesión de hoxe propóñovos unha tarefa máis relaxada é relacionada con toda esta situación "rara" que tod@s estamos a vivir:
Tendes que facer unha redacción nunha folla (escrita á man) que fale deste momento de "confinamento" que estades con motivo do Coronavirus. Intentade facela persoal, non a nivel xeral do que está pasando a nivel mundial. Cada unha/un pode contar as cousas que queira en relación ó que vive nestes días.
Por exemplo: explicar como vos sentides, que cousas estades aprendendo de todo esto, que consecuencias credes que pode ter todo isto no voso país ou mesmo no voso pobo? Que é o máis positivo e o máis negativo de pasar tanto tempo na casa? Como organizades o día? Que é o que máis botades en falta nestas semanas? Cales son as vosas actividades preferidas para entretervos? ...
Estes só son algúns exemplos para darvos ideas de cousas que podedes escribir. Cada un pode poñer o que queira ou lle apeteza. Pensade que lle tendes que escribir a unha amiga ou amigo que non podedes ver estes días, e que nesa redacción lle contades todo o que estades a vivir, así será máis fácil.
Recordade facelo en galego e OLLO coas faltas !!
-
Aquí vos deixo un documento que vos recorda en que consiste unha "Narración" e que tipos hai. Botádelle un ollo.
Moito ánimo a tod@s !!
Se tendes dúbidas escribídeme. O correo aparece nas sesións da semana pasada.
IMPORTANTE: Ó LONGO DESTA SEMANA TENDES QUE ENVIARME AS TAREFAS QUE FÓCHEDES FACENDO DURANTE ESTAS SEMANAS. TENDES QUE ENVIARMAS POR CORREO ELECTRÓNICO. XA QUE A MAIORÍA SON DE REDACTAR E VOS PEDIN QUE AS FIXÉRADES NUNHA FOLLA, CON QUITARLLE UNHA FOTO QUE SE VEXA BEN E ENVIARMA, XA ESTÁ.
MANDADE TODAS AS TAREFAS NO MESMO CORREO, PARA EVITAR QUE SE PERDA ALGUNHA.
MANDADE ESTAS TAREFAS NUN CORREO APARTE. NON AS XUNTEDES COAS DE EDUCACIÓN FÍSICA.
Recordovos que o meu correo é : anosabelen@gmail.com
Moito ánimo para todas e todos. Intentade desfrutar das vacacións, ainda que sexan algo extrañas.
-