Section outline

  • Neste apartado atoparedes o traballo correspondente á sesión do luns 23 de marzo para o grupo de 2ºESO A.

    • Aquí vos deixo un documento en pdf que vos explica detalladamente o traballo para a sesión desta semana. Consiste na elaboración de 5 tarxetas que nos servirán para xogar ó "Trivial Pursuit" (xogo de coñecemento xeral). Debedes entregarmas á volta co resto de tarefas.

      Só tendes que entregar 5, pero se queredes podedes aproveitar e facer varias e xogar en familia nestas semanas que temos que estar na casa. 

      Aquí abaixo deixovos 2 imaxes: 

      1. Unha tarxeta coas categorías orixinais do xogo.

      2. Un taboleiro que poderedes deseñar na casa se vos apetece para xogar.

      Lede ó pdf con calma para entender como tendes que deseñar as tarxetas. Recordade que esta materia é en GALEGO e as tarxetas deben estar redactadas nesta lingua.

      Deixovos aquí o meu correo electrónico por se tendes dúbidas e queredes preguntareme: anosabelen@gmail.com