Section outline

  • Para esta semana, empezaremos coa creación do noso propio telexornal. Entón o que tendes que facer é ver un telexornal que vós escollades e apuntar as diferentes partes (tamén chamadas seccións) que vaiades diferenciando nel. Por exemplo se ten introducción, que tipo de noticias aparecen primeiro, cales máis contra o final, deportes, o tempo, etc. En función de cal vexades terá unha estructura ou outra. 

    Por un lado debedes apuntar as partes os seccións que vós diferenciades nun que vexades.

    Por outro tendes que poñer nunha folla as partes ou seccións que cada un vai a incluir no seu propio telexonal. Non teñen por que ser as mesmas partes que aparecen no telexornal que vedes, podedes adaptalas como vos queirades e como mellor vos pareza. Tendes que explicar brevemente en que consiste cada parte. Pensade que despois iredes traballando sobre cada unha desas partes en sesións posteriores.

    Tendes de prazo para enviarmo por correo ata o venres.