Section outline

  • Seguindo co noso telexornal, hoxe imos a traballar na parte do "sumario" ou tamén chamada "titulares". Está parte é o inicio do telexornal, unha especie de índice onde se destacan as noticias máis importantes de forma resumida que despois serán explicadas con detalle na parte central do informativo. 

    Pois ben, o que tendes que facer esta semana é deseñar o voso SUMARIO. Debedes pensar que formato lle ides a dar, elexir imaxes, gráficos, vídeos ou recursos que empreguedes para introducir as noticias que vos escolladas. Tendes que estructurar esa parte: escoller as noticias (das que xa seleccionáchedes a semana anterior) que ides comentar. 

    Ó inicio de cada telexornal tamén hai unha parte que se chama "Cabeceira". Unha música con imaxes de introducción. O que queira pode escoller unha tamén. 

    De momento non tendes que gravalo, só ir apuntando na libreta este seguinte paso (SUMARIO) e explicar como será o voso: estructura, noticias, imaxes, música, etc. 

    Tendes de prazo ata o venres 15 inclusive para enviarme o que deseñachedes.

    Aquí abaixo déixovos recursos de exemplo. 

    • Aquí vos deixo 2 vídeos que vos van a axudar. 

      Un é un exemplo de cabeceira e titulares. No outro móstrasevos só unha cabeceira.

    • Picando neste link accederedes a unha páxina na que podedes ver desglosado un telexornal da semana pasada.