Section outline

  • Ola reporteir@s!

    Logo de que a semana pasada gravárades o voso sumario, esta semana ímonos poñer máns a obra coa parte central do telexornal. 

    Teredes que gravar, montar, etc as novas correspondentes a cada sección que escollíchedes para o voso telexornal. Non facer videos moi longos, para que non vos dean moito a lata ó subilos. Podedes se queredes gravar tamén cada sección por separado. Iso a elección de cada ún. Xa vós valorades que opción vos vai mellor. 

    O outro día envieivos por correo os nomes dalgúns programas e aplicacións coas que podedes editar videos e facer montaxes. Póñovos aquí abaixo o nome por se algúen non os veu:

    • Programas para ordenador: windows Movie Maker (windows) e Shotcut (windows, mac, linux).
    • Aplicacións para o movil: Vivavideo, Inshot, Filmix ou Power director. 
    • TANTO OS PROGRAMAS COMA AS APLICACIÓNS SON GRATUÍTAS.

    Recórdovos que non tendes que facer montaxes obrigatoriamente. Podedes simplemente gravar e facer efectos de forma tradicional. Por exemplo, poñendo unha música de fondo, ensinando recortes que teñades, debuxos, gráficos, etc. O que a vós se vos ocorra. 

    Recordade tamén gravar unha pequena despedida ó final do telexornal, unha vez rematadas todas as seccións. 

    Teredes case 2 semanas para facelo e enviarmo por correo, xa que seguramente vos leve tempo e teredes traballo doutras materias. A data límite para entregalo será o XOVES 4 DE XUÑO. 

    Acción!