Section outline
-
Ola a tod@s seguimos coa montaxe do noso propio telexornal.
Entre esta semana e a que vén, tendes que escoller noticias para cada unha das vosas seccións do telexornal. Podedes seleccionar as noticias que vós queirades ( de xornais ou revistas dixitais, de xornais ou revistas en papel, noticias inventadas por vós, etc.). As que vós queirades.
Debedes seleccionar una noticia para cada sección. Podedes recortala directamente en papel, copiala e pegala nun documento de word, como vos sexa máis sinxelo.
O que teredes que enviarme serán os recortes (tanto en formato dixital ou en papel) desas noticias. Ou unha folla se son noticias que creáchedes vós mesm@s. Mirade varias noticia e seleccionade despois as que vos parezan interesantes. Non collades a primeira que vexades.
Tendes de prazo ata o día 7 de maio para entregalo. Póñovos 2 semanas xa que a maioría de vós tendes bastantes seccións. Repartide o traballo entre as dúas semanas, non o fagades todo xunto.
ENTREGAR AS NOTICIAS DAS DÚAS SEMANAS XUNTAS, NON CADA SEMANA!
Ánimo periodistas!