Section outline

  • Ola a todas e todos!

    Primeiro de nada felicitarvos polo bo traballo que fixéchedes co voso telexornal. A maioría están xenial. Estades feitos uns reporteiros de primeira. Noraboa!

    Para esta semana propóñovos a última tarefa para este curso tan raro e que pasou tan rápido. 

    Debedes facer unha redacción (en papel ou en formato dixital) na que me contedes que cousas vos gustaron máis e cales menos das que fixemos ó longo do curso. Facede unha valoración persoal. Que cousas aprendíchedes, que tarefas vos resultaron máis complexas de facer, cales vos pareceron as máis divertidas,... Cousas que vos gustaría haber feito e que non puidemos, etc. É unha redacción libre na que podedes contarme todo o que vos queirades a nivel persoal relacionado con esta materia nova que descubríchedes este ano. 

    Coidado coa presentación e coas faltas de ortografía.

    Tendes ata o LUNS 15 DE XUÑO para enviarma.