Section outline

  • Para o traballo desta semana propóñovos unha actividade que podedes facer en forma de xogo (se tedes algún pequeno na casa, podedes pasar un pouco de tempo con el/ela, que están aburrid@s) ou podedes facelo en forma de circuito. Iso en canto á tarefa práctica. A tarefa escrita consiste en completar as táboas que vos adxunto nun arquivo e completar a musculatura traballad neses mesmos exercicios. Fácil, ou non?

    • Adxúntovos aquí un cartafol onde tedes dous PDF, un é o taboleiro de xogo, para facer a modalidade con nen@s. E o segundo inclúe a explicación das actividades e unha táboa cos gráficos dos exercicios por orde e unha columna en branco ao lado para completar cos músculos PRINCIPAIS e SECUNDARIOS.

    • Adxúntovos un cartafol

    • Póñovos aquí un documento, para completar cos músculos de acción PRINCIPAL na columna 1 e os músculos de acción SECUNDARIA na columna 2

    • Completade a seguinte táboa. Podédela enviar aquí.

    • Póñovos a continuación o enlace ao CALENDARIO DE ABRIL dun canal de Youtube (xa vos enlacei en Marzo o correspondente), para que a diario podades facer unha práctica relacionada coa temática que estamos vendo.

      Se queredes facer a práctica...Hoxe toca Cardio Box e Tonificación Xeral. O venres toca Cardio + Abdominais.

    • Como imos ir repasando e afondando nos contidos xa vistos, pero tamén aprendendo cousas novas, déixovos aquí un test para medir a forza abdominal. Moi divertido. 

    • No seguinte enlace tedes o xeito de como executar o test. A forma de entrega é en formato video, é decir, tedes que gravarvos facendo o test. incluide na gravación a vista dun cronómetro, e que non haxa cortes!!!!

      VEÑA ESE CORE!!!! FORTES E SANOS!!!!!

    • Vouvos ir colgando semanalmente algunha pregunta extra para que busquedes información e sumedes uns estupendos MINIPUNTOS

    • Ficha para completar.

      Data límite de entrega: venres 24 de abril