Section outline

  • Ola a tod@s! Rematou o periodo vacacional e aquí estamos, de novo virtualmente. Pero ánimo, que xa queda un día menos.

    Polo momento, e á espera de recibir outras instrucións, imos continuar afondando nos contidos xa vistos, aínda que a nós en concreto, non nos virá tan mal, porque con actividades como aerobic, step, tonificación ou traballo de condición física xeral, temos para un ano ou máis!!!! Estes contidos tamén nos permiten manter un grao de actividade física, coas condicións actuais (confinamento, distancia social,..). Vou intentar seguir propoñendo a realización de actividade física nesa liña. Espero que me vaian saindo ademáis cousas divertidas.

    Hai tarefas anteriores ás vacacións aínda sen rematar, @s que non as fixestedes, empezade por aí. Eu seguirei prpoñendo novas actividades semanalmente, así que ánimo. Xa sabedes que vos podedes poñer en contacto conmigo vía mail ou wsap, tamén aquí na propia Aula virtual. Procurade identificarvos ao entrar nesta última, xa que así podo ir facendo rexistro das vosas visitas e, por tanto, o voso seguimento da materia.

    Unha última cuestión, como moitas das entregas serán documentos gráficos, sobre todo os videos, que pesan moito, intentade subilos ao voso Goolge drive, copiades o enlace e enviádesmo ao meu correo, así NON teño que descargalo, que se me peta o DRIVE....

    Vaia rollo que vos colguei. Máis nada, aquí me tedes para calquera consulta, dúbida, etc. Empezamooooooos!!!!!!!