Orientacións para programar
Que é programar?
Programar consiste en indicarlle a un ordenador ou, neste caso, ó controlador de Arduino, que ten que facer para resolver un problema.
O programa é a secuencia de instrucións que lle indican como facer o traballo e teñen que estar escritas nunha linguaxe especializada.
É preciso que coñezamos dúas cousas:
- Os pasos necesarios para resolver o problema (o algoritmo)
- A linguaxe de programación na que os escribiremos
Como calquera outra linguaxe, Arduino (e Visualino) traballan cuns tipos de datos determinados e con eles son capaces de facer operacións matemáticas, de comparación ou boolianas.
Estes datos poden almacenarse en variables: posicións da memoria na que se gardan os diferentes valores que pode tomar cando se executa o programa.
Para traballar cunha variable é preciso "declarala" ó principio do programa (así reserva un espazo para ela na memoria), e isto consíguese poñéndolle un nome (identificador) e indicando que tipo de dato vai a conter (según o tipo que sexa ocupará máis ou menos espazo).
As instrucións dos programas poden escribirse cunha ou varias das seguintes estruturas:
- Secuenciais
- Selectivas
- Iterativas (bucles)
Consulta aquí máis información sobre as estruturas de control
Datos
Traballaremos cos seguintes tipos de datos:
|
|
|
Variables

Ademais das operacións matemáticas comúns, o crontrolador é capaz de facer comparacións e operacións booleanas cos datos.
Operadores de comparación

Operadores booleanos
|
|
|
Funcións básicas de lectura e escritura
![]() |
pinMode(pin,modo); //O modo será INPUT ou OUTPUT según configuremos o pin
digitalWrite(pin,estado); //O estado será HIGH para 5V ou LOW para 0V.
digitalRead(pin); //Le un pin dixital, que estará ó nivel 0 ou 1
analogWrite(pin,valor); //Escribe un valor analóxico, entre 0 e 255, nun pin PWM analogRead(pin); //Le un valor dunha entrada analóxica entre 0 e 1023 |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0


